
Desenvolver e avaliar en estudos preclÃnicos unha nova vacina baseada en ARNm contra o SARS-CoV2 capaz de inducir respostas inmunitarias de longa duración fronte ao virus é o fin último do proxecto de investigación no que traballa o laboratorio que lidera a catedrática da USC MarÃa José Alonso, e no que participa tamén o grupo dirixido pola catedrática da Universidade Mabel Loza. O obxectivo destes laboratorios é o de producir un vehÃculo sintético baseado en biomateriais inocuos e capaz de transportar o ácido ribonucleico mensaxeiro (ARNm) ao interior das células dianas, de modo que logre a produción do antÃxeno no organismo humano. O proxecto acaba de ser financiado polo Departamento de Saúde da Generalitat de Catalunya e o Instituto de Saúde Carlos III (ISCIII).
As vacinas tradicionais están formadas por doses pequenas ou inactivadas do organismo causante da enfermidade, ou as proteÃnas que produce, que se introducen no corpo para provocar que o sistema inmunitario xere unha resposta. Pola contra, as vacinas de ARNm “enganan” ao corpo para que produza algunhas das proteÃnas virais, utilizando para iso ácido ribonucleico mensaxeiro, que contén “instrucións” para construÃr unha proteÃna. Para producir unha vacina de ARNm, os cientÃficos crean unha versión sintética do ARNm que un virus usa para construÃr as súas proteÃnas infecciosas. Este ARNm entrégase ás células, que o len para construÃr esa proteÃna viral. O sistema inmune detecta estas proteÃnas virais e comeza a producir unha resposta defensiva fronte a elas. O consorcio internacional traballará nunha “alternativa prometedora fronte vacinas convencionais polo seu gran potencial, rápido desenvolvemento, fabricación a baixo coste e administración segura”, explica a profesora Alonso.
O proxecto
Para o desenvolvemento desta vacina, o equipo de investigadores utilizará métodos computacionais para identificar as partes do virus que sexan capaces de provocar unha resposta notable no sistema inmunitario. Seguidamente, procederase á fabricación da molécula ARNm máis prometedora e, por último, á súa incorporación nun vector viral ou sintético, co fin de garantir a estabilidade do ARN e favorecer a súa chegada efectiva ao sistema inmunitario. Concretamente, neste proxecto, o equipo que lidera MarÃa José Alonso terá como misión o desenvolvemento de vehÃculos que simulan virus artificiais para a protección e transporte do ARNm á célula diana.
O equipo que lidera MarÃa José Alonso dedicou tres décadas de esforzo ao desenvolvemento de novas vacinas, contando co financiamento da Fundación Bill e Melinda Gates, a Organización Mundial da Saúde, o Instituto de Saúde Americano (NIH), o Ministerio de Ciencia e Innovación, e a ConsellarÃa de EconomÃa e Competitividade da Xunta de Galicia. Nesta liña, destaca o recente desenvolvemento dunha vacina contra a sida, en colaboración con investigadores americanos e canadenses, que deu lugar a resultados prometedores en macacos. MarÃa José Alonso forma parte do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas da USC (CiMUS).
O proxecto é parte dun consorcio internacional liderado polo Institut d'Investigacions Biomèdiques August Pi i Sunyer (IDIBAPS) e conta coa colaboración da Universidade de Barcelona, o Institut de Recerca Biomèdica (IRB), a Universidade Pompeu Fabra, o Centro Nacional de BiotecnoloxÃa (CSIC) e a Universidade Libre de Bruselas.
Ferrol é a primeira das 13 citas co libro e a lectura que terán os galegos e galegas en diferentes vilas e cidades das catro provincias. Tras esta cidade, recollerá o relevo Santiago de Compostela, do 2 ao 10 de maio; Lugo, do 13 ao 17 de maio; O Porriño, do 14 ao 17 de maio; Redondela, do 11 ao 14 de xuño, e Ourense, do 17 ao 20 de xuño. Xa no mes de xullo, Vigo abrirá o dÃa 1, prolongándose ata o dÃa 7, continuando en Ponteareas, desde o dÃa 9 ata o 12, e en Rianxo do 23 ao 26. Finalmente, en agosto, as Feiras do Libro viaxarán ata A Coruña, do 1 dÃa ata o 10; Viveiro, do dÃa 13 ao 19; Foz do 20 ao 23, e rematarán en Monforte de Lemos, onde se celebrará do dÃa 26 ao 29 de agosto.
O número de persoas en Galicia que le ocasional ou habitualmente na nosa lingua medra en case nove puntos ata acadar o 72 %, isto é, sete de cada dez galegos. Ademais deste incremento do 13 por cento na lectura ocasional ou habitualmente en galego con respecto ao ano anterior, o estudo de 2025 tamén revela a consolidación dunha Galicia lectora, reflectida no sindicadores que sinalan que o 96,5 % da poboación maior de 14 anos le en calquera medio e soporte, o que sitúa a nosa Comunidade nun 1,4% por enriba da media de España. Ademais, o 70 % destas lecturas son de libros.