Archivo (5 del 2020)

Buscador

Noticias

O paulatino regreso ao traballo presencial no marco da crise por mor da COVID-19 debe realizarse extremando as medidas de precaución. Neste senso, o epidemiólogo e profesor da USC Francisco Caamaño Isorna afirma que "o risco cero non existe" e apunta a que "a medida fundamental é a distancial social e o lavado sistemático e meticuloso de mans con xabón ou xel sanitizante". "Se podo manterme a dous metros dos demais, non necesito máscara facial. Sempre que non poda garantir eses dous metros, debo usala", apunta Caamaño.
Como está a afectar a situación de confinamento á forma de relacionarse e de xestionar posibles conflitos nas parellas separadas con fillos e fillas é a pregunta á que buscan dar resposta investigadores da Unidade de Psicoloxía Forense da USC. Este traballo, a través do cal xa se levan realizado 600 enquisas a proxenitores e profesionais, está a ser desenvolvido xunto a investigadores da UVigo, Universidade de Barcelona, Colegio Mexicano de Profesionistas de la Psicología, así como diferentes asociacións.
Comezarán a traballar o 11 de maio para reforzar o Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais de Galicia por un período de 6 meses. Incorporaranse 984 traballadores fixos descontinuos distribuídos en distintas categorías profesionais. Iniciarán o seu labor de prevención e extinción un total de 830 bombeiros forestais, tanto na categoría propia de bombeiro forestal como nas de xefe de brigada, peón e condutor de motobomba ou brigada helitransportada.
O Programa Talento Mozo levará ás redes sociais as historias de éxito de mozas e mozos galegos relevantes en diferentes eidos como a cultura, a música ou o deporte. Este programa procura achegar á xuventude galega a traxectoria e a experiencia de xente nova da comunidade que serve de exemplo ás nenas e nenos de Galicia. Desta maneira, cada xoves manterase unha charla a través do Instagram de Xuventude (@XuventudeGalicia) cunha persoa moza galega que destaque no seu ámbito.
Alumnado de terceiro curso do grao en Educación Infantil da USC está a crear recursos educativos e lúdicos en formato audiovisual destinados aos máis pequenos da casa. Baixo o cancelo #NósXogamosNaCasa, as pezas son subidas a YouTube onde xa contan con centos de subscritores e superaron as 13.000 visualizacións. Baile, fogar, mímica, pintura, desinhibición, equilibrio, comunicación non verbal, relaxación, respiración, dramatización e ritmo son algúns dos temas desenvolvidos polo alumnado.
O DOG publica hoxe a orde da Consellería do Medio Rural que amplía ata o 15 de xuño o prazo que teñen os agricultores e gandeiros galegos para solicitar as axudas da PAC. A orde modifica a emitida o pasado 12 de febreiro co obxectivo de dar resposta ás restricións por mor do coronavirus, que impediron que moitos interesados se puidesen achegar aos bancos ou ás entidades de aconsellamento que colaboran coa administración para a tramitación destas achegas.
Os grupos de investigación Procesos Cognitivos e Conduta e Underisk da Facultade de Psicoloxía da USC botan a andar o proxecto ConVIDa-20, un estudo en liña sobre os efectos psicolóxicos e sociais que está a provocar a COVID-19 en estudantes de universidade. O obxectivo desta nova liña de traballo pasa por recrutar unha gran mostra de participantes para axudar a comprender os efectos do coronavirus e as medidas de distanciamento social na súa saúde e benestar.
O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), elaborou e distribuíu aos sectores produtivos material específico con recomendacións para a prevención ante o coronavirus no comercio debido a súa reapertura, con cita previa, en establecementos de menos de 400 metros cadrados. A documentación recolle medidas a ter en conta antes de ir traballar, como identificar ás persoas sensibles, non acudir en caso de febre ou síntomas respiratorios ou facer desprazamentos, preferentemente de xeito individual.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) vén de notificar formalmente á Comisión Europea a iniciativa autonómica para a mellora de cobertura móbil en zonas illadas. Este trámite dá continuidade ao intercambio de información levado a cabo nos últimos meses para acadar a aprobación previa por parte da Comisión Europea e, deste xeito, poder levar a cabo os investimentos públicos previstos para a mellora das redes de telefonía móbil nas zonas rurais.
A Xunta pon a disposición da cidadanía unha ferramenta dixital que permite medir e comprobar a lonxitude dos novos desprazamentos autorizados polo Goberno. A través do visor básico na web de información xeográfica de Galicia, o Instituto de Estudos do Territorio (IET), en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ofrecen aos cidadáns a posibilidade de calcular con precisión o radio no que poden desprazarse e planificar así as súas saídas.
« Anterior | 4  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (151)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES