
O brote de coronavirus está a causar desafÃos excepcionais a escala mundial tanto para a saúde humana como para o funcionamento da sociedade. No seo das universidades, coas aulas confinadas en ordenadores, tabletas e dispositivos móbiles, abriuse un escenario complexo para o normal desenvolvemento da vida académica. En particular, a poboación universitaria enfróntase a cambios vertixinosos e adaptacións continuas cuxo impacto psicolóxico é, actualmente, descoñecido.
Ante esta situación excepcional, un equipo da Facultade de PsicoloxÃa da USC formado por membros dos grupos de investigación Procesos Cognitivos e Conduta e Underisk colabora na posta en marcha dun estudo en liña coa finalidade de explorar os efectos que o confinamento e as medidas de distanciamento social teñen na saúde mental e no benestar da poboación de estudantes de universidade.
Esta investigación, subliñan os seus promotores, axudará a comprender os desafÃos psicolóxicos e sociais aos que se enfronta o alumnado universitario durante o confinamento, ademais de posibles experiencias positivas e aprendizaxes inesperadas pero, sobre todo, os factores que poden protexer contra os efectos negativos na saúde mental.
Participación
O estudo ConVIDa-20 está aberto a todas as persoas que cursen estudos universitarios de calquera nivel ou titulación principalmente no Sistema Universitario de Galicia. A participación implica responder, ben en galego ben en español, unha enquisa en liña duns 20-25 minutos de duración que, de forma anónima, aborda aspectos relacionados co benestar fÃsico e psicolóxico, asà como coas condicións de vida persoais e académicas durante o confinamento. A información proporcionada é completamente confidencial e será tratada para fins exclusivos de investigación.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.