Notas de prensa

Na procura dun desconfinamento máis seguro

O paulatino regreso ao traballo presencial no marco da crise por mor da COVID-19 debe realizarse extremando as medidas de precaución. Neste senso, o epidemiólogo e profesor da USC Francisco Caamaño Isorna afirma que "o risco cero non existe" e apunta a que "a medida fundamental é a distancial social e o lavado sistemático e meticuloso de mans con xabón ou xel sanitizante". "Se podo manterme a dous metros dos demais, non necesito máscara facial. Sempre que non poda garantir eses dous metros, debo usala", apunta Caamaño.

Asemade, a desinfección de mans conforma outro dos elementos chave á hora de acometer a xornada laboral. "O xel sanitizante debe estar onmipresente na oficina como un elemento máis, á entrada de cada dependencia, en cada despacho, en cada corredor, en cada sala de espera...", afirma o profesor da USC, quen non considera indispensable o uso de luvas xa que "o guante convértese na nosa pel".

Portas, ascensores, corredores e baños

Unha das recomendacións á hora de compartir espazo con outras persoas pasa por ter moito coidado nos diferentes accesos ao espazo de traballo. "A porta do edificio deberá ser automática ou estar permanentemente aberta e así evitar tocar o tirador. O mesmo debe ocorrer coas portas dos distintos despachos, se non hai unha razón de peso deben estar abertas. Na medida do posible, hai que evitar o uso do ascensor, e recuperar, pola contra, a utilización das escaleiras", explica o epidemiólogo.

Nesta liña, o modo de uso dos corredores tamén podería mudar. "Nas oficinas podemos definir corredores de sentido único, de xeito que evitemos encontrarnos de fronte. Son medidas diversas e sinxelas", asegura. Os baños tampouco escapan ás medidas de prevención. "Debemos lavar as mans sistemática e meticulosamente antes e despois de ir ao baño. Idealmente a billa debería ter un sistema de apertura e peche co pé", continúa o profesor.

De volta no fogar

Cando finaliza a xornada, as medidas de precaución continúan no fogar, sobre todo, no tocante ás prendas que vimos de empregar. "A recomendación é lavar a roupa entre 60 e 90 graos. Unha boa opción pode ser utilizar algún uniforme, bata ou garda pó exterior xa que será máis doado de xestionar", conclúe Caamaño logo de apuntar que o teletraballo "é unha excelente opción en tanto non teñamos unha vacina".

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-05-08

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES