Archivo (4 del 2020)

Buscador

Noticias

O secretario xeral para o Deporte participou nunha reunión virtual convocada pola Unión de Federacións Deportivas Galegas (Ufedega) e na que participaron un total de 42 das 58 entidades federativas do deporte galego. Nas súas verbas, o secretario xeral para o Deporte lembrou aos presidentes que a Xunta traballa nun Plan de Continxencias en coordinación coas federacións e coa participación de expertos, para planificar o futuro da actividade física e o deporte en Galicia.
A busca de determinantes xenéticos e biomarcadores xenómicos de risco que podan predispor a sufrir unha infección a causa do virus SARS-CoV-2 máis grave, ou que mesmo podan causar a morte en persoas aparentemente sen factores de risco asociado, é o principal obxectivo da investigación dirixida polo catedrático da USC, responsable do grupo de Medicina Xenómica e director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica do SERGAS, Anxo Carracedo.
O Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Amtega continúa a súa actividade de sesións formativas en streaming con novas xornadas programadas para a primeira semana de maio. Organizadas en colaboración con diversos axentes tecnolóxicos, estas sesións por streaming están destinadas a pemes e autónomos e, co formato #DemosXweb, teñen como obxectivo fomentar o teletraballo ao longo desta etapa de confinamento derivada da crise sanitaria provocada pola Covid-19.
O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ángel Docobo, explica que o obxecto voador avistado este martes desde Galicia corresponde a unha das fases do foguete ruso lanzado para levar carga á Estación Espacial Internacional (EEI). O catedrático da USC fixo estas declaracións logo das preguntas achegadas por diversos medios de comunicación para intentar explicar a espectacular imaxe dun voluminoso obxecto luminoso, unha escena gravada en vídeo e que pronto espertou todo tipo de polémicas nas redes sociais.
Boa acollida para a inauguración de Aula Galicia Aberta, o novo programa posto en marcha pola Secretaria Xeral de Emigración, que foi seguido na súa primeira clase por máis de 10.000 galegos a través de Facebook live . A sesión de canto e pandeireta impartida por Leni Pérez, formada por unha parte formativa e divulgativa e unha titoría inmediatamente posterior, recibiu nas primeiras horas desde a súa emisión máis de 2.000 interaccións e preto dun milleiro de comentarios.
Máis de 1500 persoas aprenden galego durante estas semanas a través do cursos en liña que ofrece a Xunta de Galicia no marco do Plan de Teleformación en Lingua Galega para o ano 2020 para residentes tanto na Comunidade como noutras zonas. Un total de 1080 alumnos seguen, ata o 8 de maio e baixo a titorización de profesorado específico, un total de 34 cursos preparatorios das probas de acreditación do Certificado en Lingua Galega (Celga).
A Dirección Xeral de Saúde Pública informa á poboación de que soamente se deben empregar produtos biocidas cuxa eficacia contra o virus SARS-CoV-2 estea probada e rexistrada na listaxe de viricidas emitida polo Ministerio de Sanidade. A derradeira listaxe de biocidas -con actividade viricida- publicada polo Ministerio de Sanidade foi actualizada o pasado día 20 de abril e, nesta, figuran os produtos que poden ser empregados tanto no uso doméstico, como na desinfección de espazos públicos.
Adiántase preto dunha semana o pagamento da Renda de inclusión social de Galicia (Risga) do mes de abril para aliviar a economía doméstica de 10.000 familias galegas. Trátase dunha medida pioneira na nosa comunidade para a que o Goberno galego destinará un investimento de 4,5 millóns de euros. O Consello da Xunta deu onte luz verde a esta medida e lanzouse a orde de pagamento.
Un establecemento comercial vilalbés afronta unha serie de axeitadas iniciativas sanitarias para, no momento en que sexa posible reiniciar a actividade comercial, ofrecer aos seus clientes a maior seguridade. Lanas Pingüín Corsetería, rexentada por Mary Fra, ten instalada xa no seu establecemento unha máquina de ozono para, dúas veces por semana, vaporizar as prendas, penetrando o vapor nos texidos da roupa, e pulverizar o local dúas veces ao dia, fóra do horario comercial.
A Cidade da Cultura, dentro da campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web o curso Clic Xanela, unha actividade en liña con técnicas para mellorar a calidade das fotografías que se sacan desde o móbil. Pensado para un público adulto sen necesidade de coñecementos previos, Clic Xanela ten o obxecto de facilitar os recursos e habilidades para tirarlle un mellor partido as posibilidades que nos dan os dispositivos móbiles.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES