Notas de prensa

Adiántase preto dunha semana a data de pagamento da Risga para aliviar a economía doméstica de 10.000 familias galegas

Adiántase preto dunha semana o pagamento da Renda de inclusión social de Galicia (Risga) do mes de abril para aliviar a economía doméstica de 10.000 familias galegas. Trátase dunha medida pioneira na nosa comunidade para a que o Goberno galego destinará un investimento de 4,5 millóns de euros. O Consello da Xunta deu onte luz verde a esta medida e lanzouse a orde de pagamento.

Deste xeito, en lugar de percibila nos últimos días do mes, os beneficiarios desta prestación xa comezarán a cobrala coa intención de minimizar o impacto do coronavirus nos fogares máis vulnerables.

O importe medio da Risga é de 550 euros ao mes, logo de que se introduciran novidades o ano pasado. Con estas modificacións, engadiuse un tramo de inserción, para facilitar que a persoa perceptora mellore a súa formación; e outro tramo de transición ao emprego, que permite compaxinar Risga e salario durante seis meses e garantir así unha transición suave ao mercado laboral.

Plan social de continxencia

Esta iniciativa forma parte do Plan social de continxencia no que tamén se atopan medidas como o teléfono social (900 400 800), que está á disposición das persoas que teñan dúbidas básicas, que necesiten acompañamento ou atención psicolóxica e que atendeu desde a súa posta en marcha máis de 2000 chamadas.

En segundo lugar, o seguimento telefónico aos 14.400 usuarios de centros de día e ocupacionais e, para os fogares que o necesitan, o reparto de comida a domicilio, que xa chega a 250 familias máis. Un correo electrónico para a detección rápida de situacións de risco ([email protected]).

En cuarto lugar, unha axuda económica para os nenos que dispuñan dunha bolsa de comedor da súa escola infantil, colexio ou instituto, das que se beneficiarán máis de 51.000 fogares galegos. Un Servizo de Axuda no Fogar (SAF) extraordinario para as persoas que necesiten coidados a domicilio, por un importe de 6 millóns de euros.

O Goberno galego tamén procedeu á exención das cotas das escolas infantís, centros de día e ocupacionais con financiamento público e publicouse a maior orde de axudas da historia de Galicia destinada ás entidades de inclusión social, por un importe de 18,3 millóns de euros.

E por último, a Xunta distribuíu preto de 400 dispositivos móbiles en residencias de maiores, persoas con discapacidade e centros de menores para facilitarlles aos residentes a comunicación coas súas familias, a través de videoconferencia.

Xunta de Galicia, 2020-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES