Notas de prensa

Pedra cósmica ou lixo espacial?

O director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ãngel Docobo, explica que o obxecto voador avistado este martes desde Galicia corresponde a unha das fases do foguete ruso lanzado para levar carga á Estación Espacial Internacional (EEI). O catedrático da USC fixo estas declaracións logo das preguntas achegadas por diversos medios de comunicación para intentar explicar a espectacular imaxe dun voluminoso obxecto luminoso, unha escena gravada en vídeo e que pronto espertou todo tipo de polémicas nas redes sociais.

Logo de ver as imaxes captadas sobre as 6.45 horas do 28 de abril por un automobilista que circulaba por unha estrada da provincia da Coruña, o director do Observatorio Astronómico Ramón María Aller da USC, José Ãngel Docobo, tratou de atallar a polémica xerada ao afirmar que tal imaxe non corresponde á entrada a atmosfera desde o espacio dun bólido ou pedra cósmica, xa que a duración do refacho de luz durante máis de 40 segundos descarta esta hipótese, asegurou.

Docobo, quen tivo noticia de tal avistamento por un vídeo recibido de Gciencia, dixo que a imaxe captada é a da re entrada na atmosfera dunha fase do foguete ruso Soyuz SL-AR /B, lanzado desde o cosmódromo ruso de Baykonur (Kazaxistán) o pasado 25 de abril co obxecto de levar carga á Estación Espacial Internacional (EEI). Daquela, engadiu o catedrático da USC, o obxecto luminoso visto no ceo de Galicia foi so unha fase deste foguete, do que pouco tempo despois caeron alomenos outras tres partes noutros lugares da Terra.

Docobo lembrou neste senso que o 16 de setembro de 2001 xa sobrevoou Galicia outro foguete Soyuz, lanzado tamén por Rusia coa misión de levar carga á EEI e que tamén puido ser avistado de noite.

Universidade de Santiago de Compostela, 2020-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES