Notas de prensa

Vilalba: Avances comerciais para o tempo que vai vir

Un establecemento comercial vilalbés afronta unha serie de axeitadas iniciativas sanitarias para, no momento en que sexa posible reiniciar a actividade comercial, ofrecer aos seus clientes a maior seguridade. Lanas Pingüín Corsetería, rexentada por Mary Fra, ten instalada xa no seu establecemento unha máquina de ozono para, dúas veces por semana, vaporizar as prendas, penetrando o vapor nos texidos da roupa, e pulverizar o local dúas veces ao dia, fóra do horario comercial.

Ten instalada unha pantalla de separación entre vendedores e público, e adquirido un milleiro de mascarillas para facilitar aos seus clientes, que asimesmo recibirán cadanseu par de guantes de latex e unha dose de xel ao abandoar as instalacións. Asímesmo, só dous clientes poderán estar simultáneamente no interior do comercio, dando acceso á súa saída aos seguintes.

Esta acción está realizada polas empresas especializadas Ki Fort-Sistemas de limpieza profesional, Grupo Galcar para a desinfección e Proder Pharma, coa supervisión do Instituto Valenciano de Microbiología.

A empresaria acomete esta orixinal iniciativa e importante investimento para garantir a hixiene e seguridade sanitaria das súas instalacións, como decidida maneira de afrontar o difícil tempo comercial que vai comezar en canto sexa posible abrir as portas dos establecementos públicos, e que a ben seguro marcará unha pauta a seguir polos establecementos comerciais.

Lanas Pinguin Corseteria, 2020-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES