Notas de prensa

'Clic Xanela', un curso en liña para mellorar as fotografías desde o móbil

A Cidade da Cultura, dentro da campaña de lecer e formación #aculturasegue, pon en marcha polas redes sociais e páxina web o curso Clic Xanela, unha actividade en liña con técnicas para mellorar a calidade das fotografías que se sacan desde o móbil. Pensado para un público adulto sen necesidade de coñecementos previos, Clic Xanela ten o obxecto de facilitar os recursos e habilidades para tirarlle un mellor partido as posibilidades que nos dan os dispositivos móbiles.

Do mesmo xeito, trátase de compartir ferramentas que permitan aproveitar esta época de obrigado confinamento pola crise do COVID-19 con actividades culturais e de lecer de calidade online, tal e como persegue a campaña da Consellería de Cultura e Turismo.

Cada semana, o fotógrafo Óscar Corral impartirá nas redes sociais e na páxina web da Cidade da Cultura técnicas que facilitarán de modo sinxelo e a calquera tipo de usuario realizar mellores fotografías instando a levalas a cabo desde a fiestra. Deste xeito, convídase á xente a deixar de velas coma lindes do que quedou fóra nesta época de confinamento, senón como ponte da vida que continúa a pertencerlles e que sigue a formar parte das súas cotiandades.

Entre os consellos, os participantes atoparán desde os máis básicos de iniciación –nos que se empraza á descuberta polo miúdo do dispositivo móbil para ver todas as opcións de fotografía que facilita cada aparato– ata ao dominio da luz, a harmonía cromática, a composición e disposición dos elementos a fotografar ata chegar a contidos máis elaborados sobre o discurso que podemos inxerir nunha imaxe, aínda que sexa feita desde o móbil e a través da xanela.

Todas a persoas que participen poden compartir as súas fotografías tras aplicar o consello práctico tanto polas redes sociais da Cidade da Cultura, como facéndoas chegar ao enderezo electrónico onlinecidadedacultura@gmail.com para un grande álbum en liña compartido. Igualmente, se o desexan poden recibir de xeito persoal e individual valoracións, apreciacións ou comentarios de mellora por parte do titor, quen lles pode precisar ou aclarar dúbidas xurdidas no proceso ou no resultado.

Cidade da Cultura de Galicia, 2020-04-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (premiso-rse-galicia-2026.jpeg) Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica Consultaría Integral e Nasas Social Media, na categoría de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
Foto de la tercera plana (pesca-azul.jpg) A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da Política Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.

Notas

Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
A campaña de escavación arqueolóxica realizada este verán na Cova do Santo e na Pala da Zorra, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá, Ourense), permitiu obter novos datos sobre a ocupación e a historia destas cavidades ao longo da Prehistoria e confirma que conservan un rexistro de gran valor para coñecer tanto as comunidades humanas da Prehistoria como e as paisaxes que ocuparon este territorio miles de anos atrás. Os traballos dan continuidade ás investigacións iniciadas en 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES