
A programación de maio comezará o dÃa 5 con “Inmersos no teletraballo. Estamos a facelo ben?”. Seguiralle, o mércores 6, unha sesión sobre ciberseguridade, a cargo do Incibe. A consultora tecnoloxÃa Unayta falará, o dÃa 7, sobre a sinatura biométrica; e o 8 unha sesión abordará o funcionamento da plataforma viguesa de comercio en liña DBarrio.
Todas as actividades están programadas en horario de 10.00 a 10.45, son de balde e calquera persoa interesada pode inscribirse para seguilas na web do CDTIC (https://cdtic.xunta.es/) ou a través da aplicación dispoñible para plataformas Android e iOS.
Igualmente, calquera provedor tecnolóxico que desexe facer unha sesión para presentar algún dos seus produtos ou servizos pode tomar a iniciativa e solicitarllo ao CDTIC.
Actividades con récord de participación
Desde a entrada en vigor do estado de alarma celebráronse catorce actividades que tiveron unha grande acollida e nas que se bateron récords de seguimento, pois duplicouse o número de asistentes respecto ás sesións presenciais feitas con anterioridade. AsÃ, a cifra de participantes superou os 1800, o que supón unha media de 134 persoas por sesión.
Ademais, produciuse unha elevada interacción na maiorÃa delas, coa formulación de preguntas polo chat, atendidas no momento, coma nunha sesión presencial, por parte dos relatores. Para quen non puido seguir en directo estes seminarios, na web do CDTIC están dispoñibles para a súa visualización.
As temáticas abordadas ata o momento foron variadas, sempre relacionadas con aspectos e ferramentas que poden resultar de interese para pemes e autónomos nestes momentos de crise sanitaria, nas que o confinamento incrementa o teletraballo e a actividade en liña. AsÃ, ciberseguridade e privacidade, comercio electrónico, uso de WhatsApp na empresa, comunicación corporativa, xestión de procesos administrativos en remoto, xestión a distancia de proxectos, videoconferencias, aspectos legais do teletraballo ou marketing dixital foron algúns dos temas tratados nas sesións retransmitidas no último mes e medio.
Emerxencia sanitaria COVID19
A emerxencia sanitaria do coronavirus forzou a moitas empresas a recorrer ao teletraballo. A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a través do CDTIC, quere servir de guÃa para favorecer esta modalidade de traballo publicando, cada dÃa, un post sobre diferentes ferramentas que poden ser de utilidade a todas as persoas que, na actualidade, están recorrendo a esta práctica. Todas estas publicacións están dispoñibles a través da seguinte ligazón: https://cdtic.xunta.gal/node/9138.
Centro Demostrador TIC
O CDTIC, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, é unha iniciativa que promove a transformación dixital das pemes de Galicia como factor clave para mellorar a súa eficiencia e competitividade. AsÃ, a través de distintos servizos e actividades, o CDTIC amósalles ás empresas a importancia de impulsar o talento dixital dentro destas, para desenvolver unha nova organización do traballo e unha cultura dixital na que o persoal e a clientela se sintan cómodos ante a incorporación das tecnoloxÃas.
Tivo lugar o acto de entrega dos Premios de Responsabilidade Social Empresarial de Galicia 2026, que puxeron en valor a importancia de promover unha cultura empresarial que integre a responsabilidade social no seu modelo de xestión e sitúe as persoas no centro da actividade. As entidades premiadas foron Galaica ConsultarÃa Integral e Nasas Social Media, na categorÃa de pequena empresa; Torres y Sáez, na de mediana empresa; Citanias Obras y Servicios, na de grande empresa; e Altia, coa Mención á Conciliación.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, defenderá ante o Goberno central a posición de Galicia sobre o futuro da PolÃtica Pesqueira Común, baseada na necesidade de garantir financiamento suficiente para o sector, facilitar a renovación e modernización da frota e avanzar cara a un modelo de xestión que teña en conta tanto a conservación dos recursos como a viabilidade económica e social da actividade. Villaverde trasladará que Galicia afronta este debate desde unha posición singular pola dimensión e diversidade do seu complexo mar-industria, cunha extensa frota de baixura e pequena escala, unha importante presenza da altura e gran altura, unha industria transformadora e conserveira de referencia e unha acuicultura cun destacado peso na produción comunitaria.