Archivo (3 del 2020)

Buscador

Noticias

Os estudantes de primeiro curso do grao de Enxeñaría Robótica na EPS de Enxeñaría do Campus de Lugo Yasmina Vázquez Penelo e Lucas Campillo de Andrés colaboran no proxecto Coronavirus Makers Galicia, orientado á creación de material de uso sanitario. O grupo de divulgación de ciencia e tecnoloxía XuvenCiencia da USC tamén vén de sumarse a esta iniciativa altruista, á que contribúe coa achega do material necesario para a impresión en 3D de 125 viseiras de protección.
Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento. A escola infantil na casa contará con contidos desenvoltos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social, para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.
A Xunta de Galicia está a preparar un amplo paquete de medidas específicas dirixidas a paliar os efectos da crise sanitaria provocada polo coronavirus Covid-19 no sector cultural galego, coa finalidade de preservar a actividade e o emprego das industrias culturais, garantir o cumprimento das programacións previstas e estimular o consumo cultural ao remate do actual estado de alarma.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) publica hoxe dúas guías para facilitar o teletraballo a empresas e autónomos e a cidadáns. Os documentos están dispoñibles xa nas webs do CDITC e Faite Dixital, e nelas poderán atopar información sobre ferramentas, necesidades e tecnoloxías que posibilitan o traballo en remoto. A información das guías complementarase con post diarios que se publicarán tamén nestes portais.
Chega a Galicia o primeiro envío de máscaras cun total de 700.000 unidades adquiridas pola Xunta e procedentes de doazóns. Un total de 500.000 desas unidades foron adquiridas pola Xunta e o resto proceden de doazóns, 100.000 de Inditex e outras 100.000 de Grupo Caamaño. A partir da semana que comeza mañá, prevese que continúen recepcionándose os envíos dos restantes lotes adquiridos pola Xunta a distintos proveedores.
Luvas si ou luvas non? A máscara facial protéxenos do coronavirus? Estas son algunhas das cuestións que xorden á hora de acometer as saídas indispensables que deben realizarse durante o estado de alarma actual. A crise por mor do virus Covid-19 fai que actos da vida cotiá coma ir ao supermercado ou á farmacia, se convertan en intres críticos dos que emerxen milleiros de dúbidas. Os profesores da USC Juan Gestal e Francisco Caamaño analizan cales son as precaucións que se deben tomar cando non queda máis remedio que abandonar de xeito puntual o confinamento.
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a Orde da Consellería de Sanidade, pola que se autoriza a encomenda aos profesionais sanitarios de último ano de formación das restantes especialidades do exercicio provisional das funcións de facultativo adxunto especialista, enfermeiro especialista ou categoría profesional a que os habilite durante a crise sanitaria provocada polo Coronavirus.
O decreto de estado de alarma por mor da crise do COVID-19 e o confinamento doméstico que este implica está encamiñado a reducir o número de contactos entre persoas e, en consecuencia, frear a expansión do virus. O profesor da USC Gumersindo Feijoo Costa, catedrático de Enxeñaría Química e vicerreitor de Planificación, Tecnoloxías e Sustentabilidade, baseouse nos datos que existen sobre a propagación do coronavirus para abordar a diferenza entre o número de contaxios no caso de quedar na casa, con respecto ao que acontecería de non seguirse esta medida.
O conselleiro de Cultura e Turismo mantivo un encontro por videoconferencia cos representantes das organizacións provinciais do sector turístico para coordinar a posta en marcha dos aloxamentos de garda en Galicia durante a crise do coronavirus. O conselleiro agradeceu aos representantes do sector a súa colaboración e lembrou que a nosa Comunidade conta con 157 aloxamentos turísticos a disposición de persoas afectadas pola crise.
A actividade física reporta múltiples beneficios para quen a practica, dado que mellora da condición física, favorece o metabolismo, diminúe o risco de cardiopatías e outras doenzas, ao tempo que mitiga a ansiedade e mellora o estado de ánimo. A actual situación de confinamento por mor do Covid-19 non implica ter que renunciar a estas vantaxes, segundo se recolle na guía ‘Recomendacións de actividade física e vida activa no fogar’, elaborada desde o Servizo de Deportes da USC.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (118)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES