
Pemes e autónomos poderán atopar na guía información sobre solucións e ferramentas dispoñibles para o almacenamento compartido na nube, a xestión de tarefas entre integrantes de equipos, a xestión de proxectos, suites ofimáticas ou transferencia de arquivos, ademais de consellos e orientación en materia de ciberseguridade.
O contido da guía complementarase con publicacións diarias para empresas e autónomos na web cdtic.xunta.gal e tamén cun espazo de consulta en colaboración co Clúster TIC. Pemes e autónomos poderán trasladar as súas dúbidas a través do correo [email protected], que serán respostadas por profesionais do sector TIC.
A información resultante destas consultas estará a disposición de todas as empresas a través dunha sección de preguntas frecuentes na web do CDTIC.
Guías para cidadáns
Para os cidadáns a guía, cun enfoque sinxelo e divulgativo, afonda nun uso seguro da Rede e ofrece pautas e consellos para un uso que minimice os riscos do teletraballo dende os fogares.
Ao igual que para as pemes e autónomos, estes contidos terán continuidade a través da publicación diaria de novos artigos nesta web, onde tamén poderán realizar consultas online, a través do buzón [email protected].
Pílulas sobre solucións de Software libre
Como complemento a todo o anterior tamén estanse a publicar nas webs do CDTIC, Faite Dixital, Mancomún e no Youtube da Amtega pílulas informativas sobre ferramentas de software libre para o teletraballo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.