
De acordo coa OMS, o índice básico de reprodución (R0) do COVID-19 é de 2,5, o que significa que unha persoa pode chegar a contaxiar a unha media de 2,5 persoas, explica o catedrático. Porén, estes datos non contemplan os contaxios en aglomeracións, en cuxo caso serían máis elevados. Segundo amosan os gráficos, ao quedar na casa curtocircuítase a correa de propagación, indica Feijoo Costa.
De feito, o confinamento non ten como finalidade eliminar por completo a propagación do COVID-19, senón frear a curva de contaxio e evitar así o colapso do sistema sanitario estatal. O confinamento baixa o índice R0 dun brote, polo que serve para moderar a propagación da epidemia, explica o experto. A clave é comezar a ter un número R0 por debaixo de 1, pois nese caso a taxa de contaxio da enfermidade é negativa, e comeza a remitir, aclara Feijoo Costa. Canto máis pequeno sexa o número, máis axiña será a erradicación do virus, conclúe.
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, instou ao Goberno central a paralizar a suba dos prezos da AP-9 para 2027 e que os conxele como a Xunta fará coas autoestradas de titularidade autonómica. Allegue respondeu a unha interpelación sobre a situación da autoestrada no Parlamento autonómico, e apuntou que a suba prevista para AP-9 e AP-53 é dun 5% e un 4% respectivamente, o que as converte nas máis caras de España. Incidiu en que nesta lexislatura houbo un incremento dun 20% nos prezos mentres que nas da Xunta non houbo ningún aumento.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reclamou en Bruxelas 'financiamento suficiente, estabilidade e seguridade' para a nova PAC. Foi durante a súa intervención no evento da Coalición Agriregions, no Comité Europeo das Rexións, no que estivo acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño. Na organización da xornada tomou parte a Fundación Galicia Europa, que prestou apoio técnico á delegación galega na capital comunitaria para participar nesta reunión conxunta con membros do Parlamento Europeo e do devandito Comité das Rexións.