Notas de prensa

A Xunta pon en marcha o blog 'A escola infantil na casa' para achegar actividades aos máis pequenos durante o confinamento

Esta iniciativa procura que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento. A escola infantil na casa contará con contidos desenvoltos polos profesionais educativos das escolas infantís da Consellería de Política Social, para que as familias teñan á súa disposición materiais necesarios para que o proceso de aprendizaxe siga máis alá das propias aulas.

Calquera familia pode acceder a este blog creado pola Consellería de Política Social. Polo tanto, ten un dobre obxectivo, ademais de avanzar no proceso educativos das nenas e nenos de 0 a 3 anos, serve para que as nais e pais coñezan de primeira man o traballo que se desenvolve durante o curso nas escolas infantís da Xunta de Galicia.

O blog A escola infantil na casa contará cun banco de recursos divididos en tres epígrafes: recursos para os nenos, acompañamento ás familias e compartindo estratexias cos equipos. Desta maneira, segundo as necesidades e interese do momento poderase botar man de diferentes ferramentas. Ademais, tamén terá unha canle de Youtube, onde se poderán seguir as diferentes tarefas a través dun vídeo explicativo.

Xunta de Galicia, 2020-03-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES