Archivo (10 del 2020)

Buscador

Noticias

Un total de 102 centros educativos de Infantil e Primaria de toda Galicia −25 de nova incorporación e outros 77 que renovan a súa continuidade− participan neste curso no programa Biblioteca Creativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo impulsar, desde a biblioteca escolar, un espazo creativo de aprendizaxes no que o alumnado poida experimentar e investigar con todo tipo de recursos.
Ata o vindeiro 2 de novembro está aberto o prazo para solicitar participar na segunda convocatoria do programa Elixe Galicia, que se desenvolverá entre o 10 de marzo e o 15 de novembro de 2021. Dirixido a xente nova menor de 30 anos, ás familias con fillos menores de idade e a pensionistas maiores de 55 anos, ata o de agora se rexistraron case 2.000 solicitudes para optar ás viaxes en 2021.
O grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) organiza, co apoio da Comisión de Cultura da Facultade de Filoloxía, as xornadas “Arredor de Carvalho Calero”. Con esta actividade, inicialmente prevista para o mes de abril, o grupo quere incidir “na divulgación da figura e da obra do profesor Ricardo Carvalho Calero, referencia cívica e intelectual da Galiza do século XX”.
Vense de constituír o Foro de Reactivación do Deporte Galego como espazo de deliberación, análise e proposta de actuacións para o sector deportivo de Galicia no contexto posterior á crise sanitaria do COVID-19. O obxectivo do foro será a análise das medidas de actuación que, desde os distintos ámbitos materiais afectados, poidan formularse para establecer un marco de recuperación sostible do sector deportivo galego.
Mira atrás no tempo con ollos amábeis…, é proposta coa que Vertixe Sonora dá comezo ao tríptico de concertos que compón o seu ciclo En Ruta, unha cita que comeza a ser referente nun contexto de creación e representación de identidades culturais a través do son. A música contemporánea e as experiencias do Camiño, que representa tantos outros camiños, representados a través da música.
Baixo o lema Empresas e persoas dixitais e conectadas deu comezo en Santiago unha nova edición de GaliciaTIC, o foro de referencia para o sector tecnolóxico galego, que cumpre 18 anos e presenta un novo formato que combina os ámbitos presencial e online para cinguirse, deste xeito, ao contexto actual marcado pola incidencia da Covid-19.
O 43% da man de obra agrícola mundial son mulleres; as mulleres rurais, unha cuarta parte da poboación mundial, traballan como agricultoras, asalariadas e empresarias. A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias ten como unha das súas metas a consecución da igualdade de xénero no contorno cooperativo do sector agroalimentario e un paso adiante neste senso supúxoo o nacemento, o pasado ano, de Nós, As Mulleres.
A maior lanparty de Galicia logrou sortear a pandemia con éxito, xa que as máis de 50 actividades organizadas tiveron un seguimento notable entre os afeccionados que se sumaron ao evento desde as súas casas. A participación nas sesións formativas e nos concursos de arte dixital, software libre e hardware, ou nas competicións de xogos, superaron as expectativas dos organizadores.
A Xunta de Galicia converterá a Cidade da Cultura nun efémero cinema de outono para proxectar as tardes dos domingos 18 e 25 de outubro e 1 e 8 de novembro un pequeno ciclo familiar cos filmes Inside out, Le Havre, Ma vie de courgette e Persépolis, fitas que forman parte do amplo percorrido cinematógrafico da exposición 'Cinema e emocións. Unha viaxe á infancia do Museo Centro Gaiás'.
Na resposta sanitaria á pandemia provocada polo coronavirus, un dos maiores problemas foi e é a xestión das unidades de coidados intensivos (UCI) dos hospitais. Atendendo a esta situación, investigadores das universidades de Vigo e Santiago de Compostela e do Sergas deseñaron un método para a determinación con antelación das camas necesarias pola covid-19 nestas UCI. O custe de cada cama é de máis de 1000 euros diarios, polo que ten unha enorme repercusión económica.
« Anterior | 3  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (134)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES