Archivo (10 del 2020)

Buscador

Noticias

Culturalmente, 2020 é en Galicia, entre outras cousas, o ano da celebración do centenario da Xeración Nós. A pandemia interrompeu a programación prevista para homenaxear a este colectivo de escritores e intelectuais referentes na cultura e a lingua galegas. Co obxectivo de non rematar o ano sen unirse a esta efeméride, o campus de Ourense acolle unha exposición e celebrará un concerto do dúo musical italo-galego 2naFronteira, formado por Carmen Penim como voz e Maurizio Polsinelli ao piano.
Volve o Ciclo POETAS DI(N)VERSOS e faino con toda a forza e tamén todas as medidas de seguridade sanitaria. Regresan así as citas abertas e públicas co mellor da poesía de Galicia e de fóra dela, sobre o escenario do Ágora, sempre en día luns e horario das 20:30h da tarde. O programa de poesía do Concello da Coruña –fundado e dirixido pola tamén poeta e xestora cultural Yolanda Castaño– acada así un doceavo ano consecutivo que dará comezo este luns.
Os Premios Martín Códax da Música Galega celebraron a súa gala, onde un ano máis entregaron as xa famosas estatuiñas das Melómanas aos proxectos premiados, así como o premio honorífico, que recaeu na cantora María Manuela. Música en directo e por suposto referencias á pandemia (tanto en clave de humor como reivindicativa) estiveron presentes no certame organizado pola Asociación Músicas ao Vivo.
Galicia pechou o mes de agosto sendo a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas cun período medio de pago de 14,46 días, só por detrás de Murcia, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. En agosto, o período medio de pago de Galicia situouse en 14,46 días, 20 días inferior ao do conxunto das comunidades autónomas que foi de 34,90 días; e por debaixo do límite de 30 días que establece a normativa estatal.
Hai cousas que nin unha pandemia pode evitar, como a chegada do outono e, con el, os cogomelos aos montes. Tampouco a Semana Micolóxica Galega faltará á súa cita o vindeiro mes de novembro co obxectivo de dar a coñecer esta riqueza natural, cultural e gastronómica, que na súa trixésimo oitava edición se centrará na orixe da divulgación micolóxica en Vigo e a súa contorna, na micobiota nas illas Cíes e do cambio climático.
A contratación de Internet entre as microempresas galegas sitúase no 78,5%, experimentando un aumento dun 7,9% no último ano, e superando amplamente o ritmo de crecemento estatal (2,4%). Por primeira vez, a contratación de Internet nas microempresas galegas supera a media estatal (78,2%). No caso das empresas de 10 ou máis traballadores Galicia practicamente converxe coa media estatal, acadando a práctica totalidade deste segmento empresarial (98%).
A normativa, as solucións, os retos e ameazas no campo da seguridade dixital no teletraballo centrarán a segunda edición de CyberSec@GAL, o evento referente da ciberseguridade en Galicia. Organizado pola Cátedra R en ciberseguridade, é froito da colaboración entre as universidades de Vigo e A Coruña, a empresa R e o CPEIG.
A exposición Do lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero abre hoxe a semana cultural que o colectivo Egeria e a Xunta de Galicia dedican en Lugo ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Compleméntase cunha exposición na Biblioteca Pública Provincial e a presentación, o xoves, dun libro con lembranzas do paso do escritor polo colexio de Fingoi, todo elo baixo o paraugas do proxecto Don Ricardo de Fingoi, que vén desenvolvendo ao longo deste ano a asociación cultural.
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Amtega poñen en marcha a actividade “Encontros con Profesionais TIC”, unha serie de xornadas online entre rapaces e rapazas e profesionais TIC, no marco do convenio de colaboración asinado entre ambas entidades e enmarcado na Axenda Dixital de Galicia 2020.
Galicia Calidade vén de incorporar ao selo autonómico produtos das empresas alimentarias Grupo Leche Río (Lugo), Conservas del Noroeste (Vilaboa) e as adegas Gran Bazán (Vilanova de Arousa) e Finca Millara (Pantón), logo de superaren os controis de calidade realizados pola entidade pública. Con estas novas adhesións o selo de garantía suma os produtos e servizos de máis de 135 empresas galegas.
« Anterior | 2  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES