
Farao da man da que é hoxe por hoxe a matriarca da poesía canaria, Elsa López, nun man a man cun dos autores máis prolíficos e premiados da escena galega, Ramón Caride, ourensán de Cea residente dende hai anos en Cambados. O uso de máscaras, a distancia social e o respecto do aforo estarán controlados en todo momento neste evento organizado polas Bibliotecas Municipais da Coruña.
Elsa López (1943) naceu na actual Malabo (Guinea Ecuatorial) e é Medalla de Ouro do Goberno Canario e Embaixadora de Boa Vontade da Reserva da Biosfera Illa da Palma ante a UNESCO. Polos máis de vinte poemarios que foi dando ao prelo dende comezos dos 70, levou galardóns coma o Cidade de Melilla, o Rosa de Damasco ou o José Hierro. Pola súa banda, Moncho Caride (1957) é un autor de longa e recoñecida traxectoria na literatura galega, cultivando a novela, o ensaio, o relato, a narrativa infanto-xuvenil e a poesía, con premios coma o Blanco Amor, o Frei Martín Sarmiento, o Lueiro Rey, o Risco de Narrativa Fantástica ou o Cidade de Ourense.
Como xa é tradición neste ciclo poético que recibira o Premio da Crítica de Galicia á Mellor Iniciativa Cultural, unha libraría de proximidade porá á venda exemplares dos libros das persoas convidadas, a fin de que todo interesado/a poda adquirilos e solicitar unha sinatura de puño e letra. Novos e seguros encontros con esa forza da palabra que poda servir de consolo en tempos tan incertos.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.