
Durante as dúas primeiras xornadas do evento, que se celebrará entre os días 2 ao 5 de novembro, haberá talleres destinados a estudantes do SUG (Sistema Universitario de Galicia) e Formación Profesional, co obxectivo de captar talento no ámbito da ciberseguridade. Na terceira xornada desenvolverase unha charla técnica para profesionais e o lanzamento dun ciber-reto en liña, que outorgará un premio valorado en 500 . A derradeira xornada, Riscos no teletraballo, será semipresencial e está dirixida ao ecosistema empresarial galego, contando coa participación de expertos internacionais e cunha mesa redonda específica nesta temática.
Para pechar o evento presentaranse os premios de CyberSec@GAL aos mellores traballos académicos de grao, mestrado e doutoramento na área da ciberseguridade e no ámbito do SUG. CyberSec@Gal recoñecerá a excelencia académica do estudantado das universidades galegas cun premio á mellor tese de doutoramento, valorado en 700 ; dous premios para traballos de fin de mestrado na UVigo e UDC, valorados en 400 cada un; e dous premios a traballos fin de grao na UVigo e na UDC, valorados en 300 cada un deles.
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, avanzou hoxe que as contas da Xunta para o ano 2027 continuarán a reforzar o gasto social, cunha suba por riba da media do crecemento do orzamento e con melloras no acceso á vivenda, a máxima prioridade desta lexislatura. Así mesmo, o Goberno galego seguirá comprometido coa transformación do modelo produtivo cunha aposta polo investimento en I+D+i e pola mellora da formación para impulsar o crecemento empresarial. Ademais de aproveitar a riqueza dun Xacobeo 2027, 'que queremos que sexa o mellor da historia'.
Galicia rexistrou un mes de setembro seco e moi cálido, cunha temperatura media de 20,4 graos, é dicir, 2,4 graos por riba do habitual nesta época do ano. De feito, foi o segundo setembro máis caloroso na Comunidade desde 1961 (ano de inicio da serie histórica), tan só superado polo de 2018. Así consta no último informe climatolóxico mensual de MeteoGalicia, presentado esta mañá en Santiago de Compostela. O comportamento do mes pasado estivo marcado no conxunto da Comunidade polas altas temperaturas, moi por riba do habitual nesta época do ano, e por varios episodios de calor que se sucederon ao longo das catro semanas. A explicación estivo fundamentalmente no predominio das xornadas anticiclónicas.