Notas de prensa

Unha exposición abre a semana cultural que a Xunta e o Colectivo Egeria dedican a Carballo Calero en lugo

A exposición Do lucense Fraguas ao lucense Carballo Calero abre hoxe a semana cultural que o colectivo Egeria e a Xunta de Galicia dedican en Lugo ao autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Compleméntase cunha exposición na Biblioteca Pública Provincial e a presentación, o xoves, dun libro con lembranzas do paso do escritor polo colexio de Fingoi, todo elo baixo o paraugas do proxecto Don Ricardo de Fingoi, que vén desenvolvendo ao longo deste ano a asociación cultural.

A mostra instalada na sala de exposicións da Delegación Territorial foi inaugurada polo delegado territorial, Javier Arias, e o escritor Xulio Xiz en representación dos organizadores, e contou coa presenza de familiares do profesor Manuel Regueiro, auténtico impulsor da exposición de Fraguas. A través de distintos paneis, reflicte os nove anos lucenses de Fraguas -homenaxeado nas Letras Galegas do 2019- e os quince de Carballo Calero. No caso de Fraguas, de 1950 a 1959, na cátedra de Xeografía e Historia do Instituto Lucus Augusti (daquela Instituto Masculino), e Carballo Calero de 1950 a 1965, á fronte do Colexio Fingoi.

Na Biblioteca Pública Provincial tamén permanecerá exposta esta semana a mostra itinerante Don Ricardo de Fingoi, que xa visitou en setembro a Casa Habanera de Guitiriz, con motivo do Festival de Pardiñas; e neste mes o Centro de Interpretación da Mariña Lucense en Foz e o Instituto Perdouro de Burela. A próxima semana estará na Casa da Cultura de Vilalba.

A Biblioteca acollerá tamén o xoves día 22 a presentación dun libro co mesmo título sobre a pegada que deixou en Lugo o profesor, recollendo testemuñas en primeira persoa de moitos dos seus alumnos e alumnas.

Colectivo Egeria, 2020-10-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES