
Esta son algunhas das conclusións que se extraen da enquisa sobre O uso das TIC e do Comercio electrónico nas empresas 2019/2020 publicada hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e que vén de analizar o Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)
As empresas galegas de 10 ou máis incrementan a velocidade de conexión
Entre as tecnoloxías de acceso, o 67,5% das microempresas e o 94,4% das de 10 ou máis traballadores contrataron Internet a través de conexións fixas. As empresas de 10 ou máis asalariados que se conectan á Rede a través deste tipo de conexións ocupan a terceira posición no ranking de Comunidades Autónomas e superan a media estatal en case 2 puntos.
En canto á velocidade de conexión a Internet contratada, o 63,6% das empresas galegas de 10 ou máis asalariados conta cunha velocidade superior aos 100 Mbps fronte ao 39,8% do ano anterior. Isto representa un crecemento do 60% nas conexións a Internet superiores aos 100 Mbps entre as empresas galegas de 10 ou máis asalariados
Entre os usos de Internet, destacan os trámites coas Administracións Públicas: o 97,5% das empresas de 10 ou máis traballadores e o 73,8% das microempresas interactuou coas Administracións Públicas a través de Internet.
As empresas galegas de 10 ou máis empregados ocupan o segundo lugar na interacción coas administracións a través de internet e superan a media estatal en case 4 puntos. Tamén se sitúan por riba da media na obtención de información das administracións a través das webs, a descarga de formularios e na devolución de formularios impresos.
Galicia por riba da media en Big Data e na dispoñibilidade de páxina web
O 9,2% das empresas galegas de 10 ou máis traballadores analizou big data, dato superior á media estatal (8,5%), que sitúa a Galicia o 5º lugar entre todas as comunidades.
As empresas de 10 ou máis empregados con páxina web medraron un 3,8% ata chegar ao 80,9% e así superan por primeira vez á media estatal (78,1%), que se mantén estable, máis de 2 puntos por baixo das galegas. O 29,3% das microempresas galegas ten páxina web, situándose tamén por riba da media estatal (28,8%).
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.