
Hai que lembrar que recentemente Galicia Calidade tamén incorporou as empresas Viña Costeira, Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia, Freshcut e Pementos Carmucha. A marca de garantía continúa na súa labor de certificación das empresas máis representativas do sector alimentario galego. No ámbito do sector lácteo galego, son xa tres empresas punteiras as que contan co distintivo: Feiraco, Larsa e agora Leite Río, tanto para as marcas Leite Río como para Leyma. No ámbito da conserva, coa chegada de Conservas del Noroeste, que conta como marca máis coñecida Cabo de Peñas, Galicia Calidade conta tamén coas empresas Jealsa e Luís Escurís Batalla, en peixe, e Conservas a Rosaleira no mundo vexetal.
No referente ao sector vitivinícola son xa 18 as adegas que contan cos seus viños amparados polo selo de calidade, onde están presentes as cinco denominacións de orixe. Na D.O. Rías Baixas coa chegada de Gran Bazán, son xa 8 as adegas certificadas: Adega dos Eidos, Adega Valdés, Terra de Asorei, Altos de Torona, Paco & Lola, Señorío de Rubiós e Valtea. Na Ribeira Sacra, Finca Millara súmase a Regina Viarum e Vía Romana. Ademais, a D.O. Valdeorras conta con tres adegas: A Coroa, Ruchel e Terriña; Monterrei suma dúas adegas, Gargalo e Quinta do Buble; e o Ribeiro coa recente incorporación de Viña Costeira suma dúas adegas xunto a Bodegas Nairoa.
Galicia Calidade conta na actualidade con máis de 400 produtos certificados de máis de 135 empresas galegas, onde o sector alimentario e o sector turístico- hoteis, restaurantes, casas rurais e clubes náuticos- suman case o 90% do total.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.