
A mostra pon en valor o papel que ten a sétima arte no desenvolvemento persoal durante a nenez, a través dunha viaxe por filmes de diferentes épocas que marcaron tamén a diferentes xeracións.
A selección de películas do ciclo Domingos de cinema e emocións tivo en conta que se tratasen de filmes para todos os públicos, co obxecto de fomentar plans interxeracionais, pero tamén actividades que sementen interese pola arte e pola cultura entre a cativada, ofrecéndolles ademais contidos de calidade que esperten e alimenten o seu espírito crítico.
Deste xeito, as fitas abordan a importancia da xestión das emocións na infancia (Inside out), o dereito irrenunciable a unha vida digna das persoas inmigrantes (Le Havre), a realidade da orfandade (Ma vie de courgette) e a revolución islámica desde a perspectiva dunha nena iraniana (Persépolis).
Entradas á venda para a primeira proxección
As entradas dobres ou cuádruplas para a primeira proxección do 18 de outubro, Inside out de Pete Docter, están xa á venda en www.ataquilla.com a 3 euros por persoa. Nos seguintes días irase abrindo a billeteira en liña para o resto dos filmes do ciclo, onde se aplicará o estrito protocolo de medidas sanitarias da covid-19.
Na web da Cidade da Cultura de Galicia www.cidadedacultura.gal ofrécese información máis polo miúdo destas medidas e tamén de todas as películas que forman parte do ciclo.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.