Archivo (10 del 2020)

Buscador

Noticias

“Un amor moi grande á natureza” constitúe, como explica a artista Loreto Blanco, o punto de partida de Te miro y me veo, a exposición que ata o 22 de novembro protagoniza na Fundación Eugenio Granell, en Santiago de Compostela. A través de 36 obras, nas que Blanco busca retratar a “consciencia e sabedoría” que xorde da natureza, esta exposición tenta, como sinala a artista, provocar no espectador unha “mirada introspectiva cara un maior coñecemento”. 'Te miro y me veo' reúne unha serie de lenzos que parten á súa vez de fotografías tomadas nunha contorna natural.
Arranca en Laxe a nova proposta dos Bolechas, 'Xornadas en igualdade', unha ambiciosa xira que levará a mensaxe da igualdade e a prevención da violencia de xénero a varios municipios galegos. A actividade desenvólvese en dous días: o primeiro os Bolechas se achegan para saudar á cativada e o segundo, a través dunha función, lanzarán a mensaxe da importancia que ten facermos un mundo máis xusto e igualitario.
A exposición ‘Don Ricardo de Fingoi’, homenaxe a Carballo Calero por serlle dedicado o Día das Letras Galegas do presente ano, chegou ao Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), en Foz (Lugo), onde foi inaugurada coa colaboración do concello focense. O proxecto “Don Ricardo de Fingoi” inclúe, ademais desta exposición itinerante, un folleto que reflicte integramente os trece paneis, e unha web e un libro que recollen opinións e lembranzas de ex-alumnos de Carballo Calero no Colexio de Fingoi.
O luns 19 de outubro celebrarase a terceira edición das Xornadas: Olladas á Antigüidade, organizadas cada curso académico pola profesora e decana da Facultade de Historia do campus de Ourense Susana Reboreda. Nesta edición, a cita leva por título Mulleres con nome propio co obxectivo de pór o foco en personaxes femininos destacados do pasado e por primeira vez, atendendo á situación sanitaria provocada pola covid-19, desenvolverase de xeito virtual, non presencial.
A última campaña de escavacións desenvolvidas na Cova de Eirós por membros do Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste, Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da USC e do Institut de Paleocología Humana i Evolució Social de Tarragona permiten afondar no coñecemento dos modos de vida dos neandertais e constatan a hipótese de que este enclave foi durante un longo período de tempo un campamento no que se desenvolvían actividades como a caza ou elaboración de utensilios.
A VI Maker Faire Galicia, unha das feiras maker máis importantes de Europa, desenvolverase este ano 100% online e contará por primeira vez cunha xornada destinada en exclusiva á educación. O novo formato permitirá que esta sexta edición da feira de innovación se poida seguir deste todo o mundo, o que fará posible fortalecer os valores diferenciais da cita no referido ao coñecemento compartido e ao seu carácter interactivo.
Galicia rematou os traballos técnicos para deixar libres as frecuencias incluídas no denominado segundo dividendo dixital. Ás 07,00 horas do venres procedeuse ao apagado dos centros emisores da rede de telecomunicacións da empresa pública Retegal. Este proceso, que se desenvolve a nivel europeo, consiste no desprazamento das canles da TDT a novas frecuencias, co fin de liberar a banda de 700 megahercios do espectro radioeléctrico na que se van despregar as futuras redes de telecomunicacións 5G.
« Anterior | 4  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES