
Para este trabalo parto dun amor moi grande á natureza, ela foi a que me inspirou e conectou coa intención desta exposición e a través dela realicei unha viaxe interior de introspección e coñecemento, recoñece Blanco Salgueiro, que presenta as diferentes obras como retratos de seres xurdidos da natureza. Cando falo de seres, falo de conciencias, de sabedorías presentes neses retratos que nos miran e que, ao mirarnos, poden facer de espello do noso propio ser, das nosas sombras, máscaras, medos e tamén luces, salienta a artista respecto do motivo dunha exposición que, recoñece, nace dunha mirada espiritual e dunha concepción de arte como un vehículo de crecemento persoal.
Do natural ao fractal
As obras que integran estas exposición teñen todas elas como punto de partida unha fotografía tomada nunha contorna natural, á que posteriormente Blanco somete a un traballo de edición, creando un espello, en ocasións múltiple e noutras dobre, que lle permite vez afondar na fractalidade da imaxe, en como a realidade está contida en múltiples realidades. Este traballo de edición fotográfica, dirixido a multiplicar os patróns da natureza, serve posteriormente como punto de partida aos lenzos que se presentan por primeira vez nesta exposición.
Esta serie de obras, insírense á súa vez na serie Los habitantes de Gaia, un proxecto que levo anos realizando e que evolucionou moitísimo, explica Blanco, desde que comezou con el en 2012. De feito, ata o de agora só se materializara, de forma dixital, dando un novo paso con esta serie de cadros, que á súa vez, forman parte do libro que a artista vén de editar, tamén baixo o título de Te miro y me veo. Non obstante, matiza, non se trata propiamente dun catálogo da exposición, senón que busca, ao igual que a propia mostra, ser un libro para meditar, presentando as diferentes obras xunto coas mensaxes que xorden da conexión coa propia enerxía do retratado que experimento. Mensaxes que, como explica, falan de conectarnos e de entender que todos estamos unidos e que, á súa vez, a vida natureza está dentro de nós.
Jannis Kounellis é un dos artistas fundamentais da historia da arte da segunda metade do século XX. Foi obxecto de grandes exposicións retrospectivas na Fondazione Prada, Venecia (2019), e no Museo Jumex, Cidade de México (2023). Entre as súas exposicións individuais institucionais destacan as do Musée dArt Moderne de la Ville de Paris (1980), Whitechapel Gallery, Londres (1981), Castello di Rivoli, Turín (1988), Stedelijk Museum, Ámsterdam (1990), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, Madrid (1996), Albertina, Viena (2005), Neue Nationalgalerie, Berlín (2007), MACRO, Roma (2016), Walker Art Center, Minneapolis (2022) e Museo Jumex, Cidade de México (2023).
O calendario de Programación Kármica arranca este 25 de setembro con Taïn na Sala Guión de Pontedeume. A seguinte cita será o 16 de outubro, con Camellos e Cora Yako en La Conservera de Viveiro, mentres que o 24 de outubro actuarán Javier Lago e Santi Araújo na Pousada da Galiza Imaxinaria de Boiro. O ciclo chegará precisamente á sala que acolle hoxe a súa presentación, A Cofradía de Vilanova de Arousa, o 27 de novembro, coas actuacións de Montedapena e Nuntia. O programa de 2026 pecharase o 26 de decembro na Pousada da Galiza Imaxinaria con Portosanto e Hermanos Visi.