
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, vén de constituír o Foro de Reactivación do Deporte Galego como espazo de deliberación, análise e proposta de actuacións para o sector deportivo de Galicia no contexto posterior á crise sanitaria do COVID-19. O obxectivo do foro, como indicou o secretario xeral na introdución, será a análise das medidas de actuación que, desde os distintos ámbitos materiais afectados, poidan formularse para establecer un marco de recuperación sostible do sector deportivo galego. Do mesmo xeito, Lete Lasa agradeceu o traballo de todos os membros do tecido deportivo galego, un traballo grazas ao que o deporte galego pode continuar xerando múltiples eventos cada fin de semana e solicitou responsabilidade e prudencia para avanzar todos xuntos no camiño correcto nesta nova etapa.
Deste xeito, nesta primeira xuntanza virtual na que os convocados expuxeron as súas consideracións cara unha pronta e segura reactivación do deporte galego, participaron representantes da Federación Galega de Municipios e Provincias, da Unión de Federacións Deportivas de Galicia, dos grupos de traballo constituídos aos efectos da adaptación do protocolo FISICOVID-DXTGALEGO, das Agrupacións Deportivas Escolares de Galicia, das tres Universidades Galegas, da Asociación Galega de Xestores Deportivos, do Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte de Galicia, da Asociación de empresas xestoras de instalacións deportivas de Galicia, así como deportistas galegos de alto nivel como Javier Gómez Noya ou Teresa Portela e persoas de recoñecido prestixio nas diferentes disciplinas vinculadas aos ámbitos académico, profesional e sectorial do deporte de Galicia.
Deste xeito, a Secretaría Xeral para o Deporte continúa promovendo a permanente coordinación cos axentes e o tecido deportivo autonómico, especialmente das federacións deportivas, clubs e deportistas. Froito deste traballo resultan os protocolos específicos de cada federación deportiva, así como o protocolo básico de actuación do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, ou as Guías DXT Galego Volvendo con sentidiño.
A creación deste foro será o xerme de propostas que coadxuven á máis axeitada reactivación do sector deportivo no seu sentido mais amplo (práctica de actividade física, deporte competitivo e sector produtivo e de prestación de servizos).
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.