Archivo (8 del 2019)

Buscador

Noticias

O congreso anual da Asociación Internacional de Psicoxeriatría (IPA), a asociación científica e profesional sobre esta especialidade máis importante do mundo, cita en Santiago do 31 de agosto a 3 de setembro a preto de arredor de 500 profesionais de todo o mundo, que aproveitarán as distintas sesións e foros de traballo organizados para debater e intercambiar os últimos avances sobre os temas de maior actualidade no ámbito dos coidados sanitarios.
Constituise a rede provincial de concellos termais de Ourense, unha agrupación integrada por 15 municipios que permitirá garantir a estabilidade destes asentamentos dentro da provincia e seguir, así, impulsando o potencial económico e turístico destas augas. Esta normativa céntrase expresamente no emprego lúdico das augas termais, complementando a normativa vixente sobre a súa práctica terapéutica.
Amigos da Terra pon en marcha o proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”. O método biointensivo é unha técnica de cultivo agroecolóxico que permite o máximo aproveitamento dos recursos naturais, terra, auga, sol, abonos naturais, etc.
O grupo de investigación Proxectos e Planificación ( ProePla) da USC e a Oficina Agraria Comarcal de Lugo promoven a organización da xornada 'Smart farming, novas tecnoloxías na produción de leite', un foro que se desenvolverá o vindeiro 12 de setembro no salón de actos da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo e que se encadra dentro do Plan de Transferencia Tecnolóxica ao Agro Galego 2019, financiado a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Hai catro anos, o compostelán Carlos Morales puxo en marcha un proxecto baixo o nome Fear of Missing Out, onde pretendía dar a coñecer os problemas de saúde mental en primeira persoa partindo dun disco como proposta inicial. A partir de aí, a iniciativa tomou vida propia e acabou derivando en Disorders, un proxecto artístico multicisciplinar no que participaron múltiples persoas con problemas de saúde mental de todo o mundo.
As NerdNites comezarán o martes 3 de setembro a súa oitava edición cunha sesión monográfica que leva por título ‘Cerebro e liberdade’. Esta primeira NerdNite, organizada en colaboración coa Sociedad Española de Neurociencia co gallo da súa celebración en Santiago do seu congreso bienal, estará moderada por José María Delgado, catedrático de Fisioloxía da Universidade Pablo de Olavide de Sevilla, e contará como relatores con diversos especialistas.
O 18 Congreso da SENC converterá Santiago de Compostela en capital da neurociencia española do 3 ao 6 de setembro, e agarda a participación de máis de 600 asistentes. A temática desta nova edición do foro científico que desde 1985 promove cada dous anos a Sociedade Española de Neurociencia permitirá compartir e debater sobre os últimos avances e achados sobre o cerebro e as enfermidades do sistema nervioso.
A presenza de Galicia neste evento enmárcase na estratexia de reforzar a presenza internacional e achegar tamén o Ano Santo 2021 a mercados de crecente interese como está a demostrar ser o estadounidense. É xa o terceiro mercado internacional do que proveñen máis viaxeiros, por detrás de Portugal e Alemaña. O ano pasado máis de 110.000 estadounidenses escolleron Galicia como destino turístico.
O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade pretende mellorar a situación persoal e laboral de mulleres con problemas de saúde mental a través dun traballo personalizado e individualizado. Para iso, facilítaselles información e asesoramento, realízanse accións formativas, aténdense urxencias e trabállase coordinadamente con outros recursos.
Os traballos arqueolóxicos e de escavación desenvolvidas ao longo das últimas semanas na Cova Eirós permiten adentrarse no coñecemento dos modos de vida dos grupos de neandertais que durante o Paleolítico medio moraron esta cova radicada na montaña luguesa, e achegan luz sobre as formas de aproveitamento e explotación dos diferentes recursos do territorio.
« Anterior | 1  de  4 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES