Buscador
Noticias
A Xunta convocou unha nova edición do Premio Manuel Colmeiro co fin de fomentar e distinguir traballos de estudo e investigación sobre as administracións territoriais, institucionais e instrumentais do sector público de Galicia. Os traballos poderán versar sobre a súa organización, estrutura, funcións ou ámbitos competenciais. Por outra banda, a EGAP vén de poñer á venda o traballo premiado na XX edición do Premio Manuel Colmeiro.
Dous alumnos galegos compiten desde hoxe nas olimpíadas mundiais da Formación Profesional, as WorldSkills 2019, que se celebra en Kazán (Rusia). Trátase de Yamila Sidati Novo (CIFP Paseo das Pontes) e de Brais Mosquera Fuentes (CIFP Someso), que gañaron a medalla de ouro no campionato SpainSkills 2019. Nesta edición do certame participan máis de 1300 competidores de 63 países diferentes, en 56 skills ou especialidades.
As 15 obras que a compoñen son unha pequena selección dunha colección de 50 cadros promovida pola Asociación Dones del Mar del Grau de Gandía (Adomar) e froito dunha colaboración entre todas as asociacións da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca (Anmupesca) e fotógrafos e pintores da Comunidade Valenciana. A exposición estivo xa en Gandía e Cariño, e estará en Muros ata o próximo día 31.
Celebrarase o venres 23 de agosto ás 20:30 no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, dentro do programa Coruña científica: ciclo de astronomía, que conta co apoio do Concello da Coruña. A entrada é gratuíta por medio de convites que se repartirán na Casa das Ciencias media hora antes do comezo da actividade. A charla leva por título El Sol y la difícil convivencia con una estrella activa e será impartida por Héctor Socas-Navarro.
Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago adscritos ao Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatología da Obesidad e a Nutrición (CIBERobn), coordinan un estudo que descubriu un mecanismo mediante o que algúns fármacos utilizados para o tratamento doutras enfermidades diminúen tamén o peso corporal.
Por sexto ano consecutivo, a USC mantense entre as mellores universidades do mundo. O Academic Ranking of World Universities (ARWU), popularmente coñecido como ránking de Shanghai, inclúe un ano máis a USC entre as mil mellores institucións universitaria do mundo, concretamente no intervalo 501-600. Dende a primeira edición deste listado, a USC suma un total de dez aparicións entre as mellores do mundo.
Un total de 674 persoas teñen formalizado, nos seis primeiros meses do ano, a súa inscrición no Rexistro Galego de Instrucións Previas. Delas, o 62% son mulleres e o 38% homes. A idade media dos outorgantes, nestes seis primeiros meses de 2019, é de 60 anos. No referido ao contido do documento, practicamente a totalidade dos asinantes (máis do 99%) fan mención expresa sobre os coidados e os tratamentos da súa saúde. O 52% mostrouse favorable á doazón de órganos e tecidos.
Laxe é a primeira parada da exposición "O océano que nos une" na Costa da Morte. Esta mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos quedou inaugurada no Museo do Mar nun acto celebrado esta mañá e permanecerá neste espazo ata o vindeiro 25 de agosto. Todos os interesados poderán visitala os días 15, 16 e 17 de agosto en horario de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e desde o día 18, de xoves a domingo de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.
Estas xornadas gastronómicas realízanse todos os meses exaltando diferentes produtos da provincia. Cada unha ten unha duración de 10 días, comezando en venres e estendéndose ata o último domingo de cada mes. A derradeira xornada do 2019 será en novembro. Os locais de hostalería participantes incluirán nas súas cartas pratos que conteñan os alimentos seleccionados en cada mes.
A entrada en funcionamento deste novo portal web será clave para impulsar e aplicar o Pacto en Galicia, porque porá a disposición dos concellos os materiais necesarios para aprobar a súa adhesión, un amplo abano de exemplos de boas prácticas para o deseño dos plans de acción, e referencias de liñas de financiamento dos mesmos.