Notas de prensa

Investigadores da USC descobren o mecanismo mediante o cal algúns fármacos diminúen o peso corporal

Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago adscritos ao Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatología da Obesidad e a Nutrición (CIBERobn), coordinan un estudo que descubriu un mecanismo mediante o que algúns fármacos utilizados para o tratamento doutras enfermidades diminúen tamén o peso corporal.

En concreto, trátase da bromocriptina (aprobada para o tratamento da diabetes tipo 2 en EEUU) e a cabergolina (fármaco utilizado para o tratamento de prolactinomas). Ambos fármacos activan a vía de sinalización dun neurotransmisor moi coñecido, a dopamina. O estudo demostra con experimentos farmacolóxicos utilizando estes medicamentos e con ensaios xenéticos, que a activación dun receptor da dopamina nunhas neuronas moi concretas do cerebro é capaz de activar un mecanismo que finalmente activa a graxa parda. Esta graxa parda, ao contrario que a graxa branca, é a encargada de gastar calorías para xerar calor, e xa que logo, ao aumentar o gasto enerxético axúdase a diminuír o peso corporal. Ademais, todo isto ocorre sen que os fármacos cambien a inxecta de alimentos.

Os resultados do traballo realizado principalmente en ratos, foron tamén corroborados en pacientes tratados con cabergolina. Isto foi posible pola colaboración do grupo dos Doutores Gema Frühbeck e Javier Salvador, pertencentes á Clínica Universitaria de Navarra e tamén adscritos ao CIBERobn, quen observaron que pacientes tratados durante un ano con este fármaco mostraban un incremento do gasto enerxético e unha perda de peso.

O traballo, que acaba de ser publicado pola revista Nature Metabolism, foi coordinado polo prrofesor da USC Rubén Nogueiras e a doutora Luisa Seoane, do IDIS, directores de teses no seu momento de Cintia Folgueira, primeira asinante do artigo. Ademais colaboraron tamén profesores doutros grupos de investigación da propia Universidade, como José Luís Labandeira, Miguel López e Carlos Diéguez; os doutores Gema Frühbeck e Javier Salvador, da Clínica Universitaria de Navarra e investigadores de grupos de Lille e Montpellier (Francia), Xenebra (Suiza), Utrecht (Holanda) e Cambridge (UK).

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-08-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (a-gaivota-cdg.JPG) A primeira etapa da xira de A Gaivota, ensaio aberto desenvolveuse do 12 ao 15 de outubro na sala Atahualpa do Teatro El Galpón de Montevideo, en coprodución con esta institución e no marco do Festival Internacional de Artes Escénicas de Uruguai, FIDAE. O programa comprendeu sete representacións nas que Déborah Vukušić compartiu escenario con Camila Durán e Claudia Trecu, que entraron no lugar das actrices galegas Uxía Suevos e Mercedes Castro. A magnífica resposta do público uruguaio contou cunha destacada presenza da comunidade galega, que converteu as funcións nun espazo de encontro arredor da lingua e da creación escénica de Galicia. Esta acollida precede a chegada á Arxentina, onde Déborah Vukušić compartirá escenario coas actrices locais Eugenia Alonso e Carmela Rivero.
Foto de la tercera plana (cdc-00.jpg) Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.

Notas

A Igrexa da Universidade acolle ata o 20 de novembro a mostra 'Agora hai terras de millo onde antes estaba Troia', obra de Los Bravú, un dúo artístico integrado por Dea Gómez e Diego Omil. A exposición abriu oficialmente este xoves nun acto no que xunto cos autores interveu a vicerreitora de Cultura, Lingua e Patrimonio, Ana Cabana, que reivindicou a USC como 'espazo de produción e de transmisión de coñecemento onde debe integrarse a cultura, que ten que ser unha experiencia universitaria, unha experiencia de formación'.
A preparación para a liberdade e a reinserción social foi a temática escollida para as III Xornadas da Rede Galega de Educacións en Prisión que se celebraron en Ourense. A cita, co-organizada pola Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo, contou coa asistencia profesionais e alumnado das tres universidades galegas. Nelas houbo conferencias, obradoiros e mesas de experiencias.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES