Notas de prensa

A Agrupación Astronómica Coruñesa Ão organiza unha charla sobre o Sol

Celebrarase o venres 23 de agosto ás 20:30 no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña, dentro do programa “Coruña científica: ciclo de astronomía”, que conta co apoio do Concello da Coruña. A entrada é gratuíta por medio de convites que se repartirán na Casa das Ciencias media hora antes do comezo da actividade. A charla leva por título “El Sol y la difícil convivencia con una estrella activa” e será impartida por Héctor Socas-Navarro.

Héctor Socas-Navarro é investigador do Instituto Astrofísico de Canarias e desde abril deste ano é director do Museo da Ciencia e o Cosmos de Tenerife.

No seu relatorio, o conferenciante exporá a evolución do Sol como estrela e a súa produción de enerxía. A actividade solar, a orixe do seu ciclo magnético e os perigos e influencias que este ten sobre a Terra serán tamén asuntos a tratar nesta actividade, que se celebrará o vindeiro venres 23 de agosto ás 20:30. Media hora antes, ás 20:00, comezará a repartición gratuíta dos convites para o acceso á sala, por orde de chegada e até completar a capacidade do recinto.

Héctor Socas-Navarro doutorouse en 1999 pola Universidade de La Laguna. Desde ese ano e até 2008 traballou no National Center for Atmospheric Research dos Estados Unidos, desenvolvendo instrumentación para diferentes telescopios terrestres e misións espaciais. Entre 2008 e 2018 foi responsábel científico do proxecto para o futuro Telescopio Solar Europeo. Ademais, é un dos fundadores do popular podcast científico “Coffee Break: Señal y Ruido”.

Agrupación Ão, 2019-08-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES