Notas de prensa

A librería Valín Libros abre o primeiro de maio una exposición de exemplares da revista Vida Gallega

A mostra presentase en paneis explicativos, documentos e material inédito, xunto con exemplares de revistas orixinais. O director mostra, en cinco etapas, a historia de tan senlleira publicación. No ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas 'Casas Baratas' e alí permanecerá ate o ano 1962.

A dirección de Valín Libros, no quinto aniversario do nacemento da libraría, organiza diversos actos de carácter público para dar a coñecer os seus fondos e facer participe á cidadanía do valor que teñen as publicacións para afondar no coñecemento e contraste da nosa historia.

Nesta ocasión, quere mostrar material da súa colección privada do que foi unha das publicacións máis importantes, non so para os galegos residentes no País, senón tamén para os galegos da diáspora, maiormente desprazados nos países latinoamericanos. Referímonos, claro está, á revista Vida Gallega. A exposición farase nos escaparates da libraría, na rúa San Roque, 32 baixo, e o responsable da mesma, José Valín, estará o dispor de quen desexe coñecer ou ampliar algún detalle referente a dita mostra, que permanecerá aberta ate o día 17 de maio.

Primeira.- Ano 1904. Centrada na cidade de Vigo, onde naceu como suplemento ou como número extra do xornal Noticiero de Vigo, do que é director o propio Jaime Solá Mestre. Nos catro números que apareceron en este formato pode o lector atopar as firmas de, por exemplo, Emilia Pardo Bazán, Juan Fernández Latorre, Alfredo Vicenti, José Lombardero, Prudencio Landín, ou unha crónica completa do xornal La Idea Moderna de Lugo. O lector pode informarse y entreterse cunha ampla e variada información nos catro números que apareceron neste formato.

Segunda.- Entre 1909 y 1938, sede en Vigo. Fai un gran esforzo para se converter nunha publicación de referencia; coida as ilustracións e as fotografías e mesmo a propia publicidade. Pasa a ter un gran prestixio pola súa calidade, obviamente reforzada polas plumas dos redactores e colaboradores; o servizo a Galicia e aos galegos é o principio de ser da revista. Esta resulta ser a etapa máis fecunda de Vida Gallega, na que se editaron case que setecentos números nos que escribiron e ilustraron as súas portadas e páxinas persoeiros tan relevantes como Castelao, Padín, Cebreiro, Murguía, Pardo Bazán, etcétera.

Terceira.- Pode definirse como a segunda vida de Vida Gallega, que vai dende o ano 1939 ate o ano 1963 e ten como editor a Xosé Iglesias Presa, un empresario da comunicación afincado en Lugo que fora conselleiro-delegado no xornal El Pueblo Gallego, á vez que editor da revista poética Alba. A revista pasa en silencio ate a súa reaparición no ano 1954, momento no que recolle a toda a intelectualidade do momento, con nomes que se integran na revista como os de Paco del Riego, Otero Pedrayo, Manuel María, Ãlvaro Cunqueiro, Ricardo Carballo Calero, Antón Fraguas, Paz Andrade, Urbano Lugrís, Luz Pozo Garza ou Leandro Carré…

Cuarta.- No ano 1940 morre Jaime Solá Mestre, o fundador de esta publicación, como dixemos, e Vida Galega garda silencio ate 1954. Pero o dato máis chamativo é que no ano 1956 a revista pasa a ter a súa sede editorial na cidade de Lugo, parece ser que nun dos chalés das chamadas “Casas Baratas” e alí permanecerá ate o ano 1962.

Quinta.- A partir da data sinalada anteriormente a revista pasa a ser editada nos talleres de impresión do xornal Faro de Vigo, foron sete os números editados ate o seu fin, sendo o último na primavera de 1963, sendo o director da publicación en esta etapa o mindoniense Ãlvaro Cunqueiro.

Librería Valín, 2024-04-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES