ARWU utiliza seis indicadores obxectivos para clasificar as universidades, incluída a cantidade de ex alumnado e persoal gañador dos premios Nobel e das medallas Fields, a cantidade de persoal investigador altamente citado, o número de artigos publicados en revistas como Nature and Science ou o número de artigos indexados en Science Citation Index Expanded e Social Sciences Citation Index. Anualmente, ARWU selecciona aproximadamente 1800 universidades e destaca as mellores 1000 universidades.
O reitor Antonio López valora positivamente os resultados, mostra de que, sen atoparnos no mellor escenario posible, estamos obrigados a facer tanto ou máis con menos. Esta posición da Universidade compostelá un ano máis entre as mellores do mundo é froito do traballo intenso de todas as persoas que integran os distintos colectivos universitarios nos ámbitos da docencia, a investigación e a xestión.
Ránking por materias
O mesmo ránking facía público a finais do pasado mes de xuño unha clasificación das mellores universidades do mundo ordenadas por materias temáticas concretas. Segundo esta clasificación, a USC é unha das universidades máis destacadas do mundo nun total de 17 ámbitos específicos das Ciencias Naturais, a Enxeñaría, as Ciencias da Vida, as Ciencias Médicas e as Ciencias Sociais. A de Santiago é unha das máis de 1.700 universidades de 86 países recollidas nesta versión por ámbitos temáticos específicos. Ademais dunha enquisa de excelencia académica, esta clasificación toma en consideración os datos bibliométricos de Web of Science e InCites para medir a grao de produtividade investigadora de cada institución analizada a súa calidade ou o alcance das colaboracións internacionais, entre outros aspectos.
A produción científica en Ciencia veterinaria é o ámbito da USC mellor valorado, xa que por esta materia a institución compostelá atópase na posición 76-100 das mellores universidades, seguido do de Tecnoloxía e Ciencia dos Alimentos (101-150) e Odontoloxía e Ciencias Orais (151-200). No intervalo 201-300 das mellores universidades do mundo, atópase a produción investigadora da USC en Ciencia da Agricultura, Enxeñaría e Ciencia da Enerxía, Enxeñaría e Ciencia Medioambiental, Xeografía, Física e Farmacia e Ciencias Farmacéuticas.
No seguinte intervalo, de 301 a 400, atópase a produción en Ciencias Biolóxicas, Biotecnoloxía, Enxeñaría Química, Química, Economía e Matemáticas. Completan este conxunto de disciplinas máis destacadas a investigación realizada en Ecoloxía e a de Saúde Pública, no intervalo 401-500.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.