Con estes 674 novos inscritos no primeiro semestre do ano, o Rexistro Galego de Instrucións previas conta xa con 8.989 persoas dende a súa entrada en funcionamento, en febreiro de 2008.
Por provincias, o 45% das persoas anotadas no primeiro semestre concéntrase na Coruña, seguida de Pontevedra co 37%, Lugo co 11% e Ourense co 6%.
Observando a formalización do documento, do total dos 674 inscritos nos seis primeiros meses, o 10% formalizou o documento ante testemuñas, o 20% das persoas o fixo ante notario, e o 70% ante un funcionario habilitado. Esta última opción está dispoñible dende xaneiro de 2015.
Por medio do documento de instrucións previas, unha persoa maior de idade, capaz e libre, manifesta anticipadamente a súa vontade, coa fin de que esta se cumpra no momento en que chegue a situacións nas que non sexa quen de expresala persoalmente, sobre os coidados e o tratamento da súa saúde ou, unha vez chegado o falecemento, sobre o destino do seu corpo ou dos seus órganos.
Tendencias
As porcentaxes dos seis primeiros meses do ano siguen a tendencia amosada en datas anteriores. AsÃ, os datos a 31 de decembro reflectÃan, ao igual que no comezo de 2019, unha porcentaxe maior de mulleres outorgantes (63,5% fronte a 36,5% de homes) e unha idade media de 58 anos.
As porcentaxes provinciais tamén son similares, posto que, a 31 de decembro do pasado ano, a provincia de residencia maioritaria dos outorgantes foi a Coruña, cun 48%, seguido de Pontevedra, cun 37%, Lugo cun 11% e Ourense, cun 9%. Asà mesmo, a maiorÃa dos contidos dos documentos a finais do pasado ano facÃan referencia aos coidados e tratamentos, e apréciase, neste primeiro semestre, un incremento nas doazóns amosándose un 52% favorable á doazón de órganos (fronte ao 47% anterior) e o 18% a doar o seu corpo (fronte ao 6% anterior de finais de 2018).
Lugar de presentación da documentación
As solicitudes de inscrición poden presentarse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia; en calquera rexistro autonómico ou estatal; nos servizos centrais da ConsellerÃa de Sanidade en Santiago e en calquera das unidades do Rexistro galego de instrucións previas.
Toda persoa que o desexe pode dirixirse, ben de forma presencial ou telefónica, a calquera destas unidades, onde se lle proporcionará a información e axuda necesaria, tanto na elaboración do documento como nos trámites para a súa inscrición. .
Tamén se poderá depositar o documento nos rexistros oficiais ou mesmo nos centros do Servizo Galego de Saúde, que darán traslado para a súa tramitación no Rexistro Galego.
O documento de instrucións previas deberá estar formalizado ante tres testemuñas maiores de idade con plena capacidade de obrar, das que dúas, como mÃnimo, non poderán ter relación de parentesco ata o segundo grao por consanguinidade ou afinidade, nin estar vinculadas por relación patrimonial, coa persoa outorgante. Tamén se poderá formalizar ante notario ou ante un funcionario do propio Rexistro Galego de Instrucións Previas ou dunha das súas unidades, sen necesidade da presenza de testemuñas.
Na páxina web do Sergas (www.sergas.es) pódese atopar información ao respecto.
<b>Consulta na historia clÃnica electrónica
Os profesionais sanitarios poden consultar o documento de instrucións previas rexistrado a través da Historia ClÃnica Electrónica, para que sexa tido en conta naquelas circunstancias nas que sexa preciso. Asà mesmo, o Rexistro Galego de Instrucións Previas sobre Coidados e Tratamento da Saúde está integrado no Rexistro Nacional para, deste xeito, contribuÃr a asegurar a eficacia deste dereito en todo o Estado. Polo tanto, as instrucións previas, con independencia da Comunidade Autónoma, poden ser coñecidas polos profesionais sanitarios aos que nese momento corresponda a responsabilidade da prestación da asistencia sanitaria.
Entre as funcións do Rexistro Galego están a de inscribir os documentos de instrucións previas, asà como a súa substitución ou revogación, que se pode facer en calquera momento. Ademais de facilitar o coñecemento da existencia e o contido dos documentos inscritos aos profesionais responsables da asistencia sanitaria, custodian os mesmos.
Estase a celebrar a Asemblea Xeral anual de NECSTouR, a rede de rexións europeas centrada en promover o turismo sostible e competitivo. A xuntanza que se desenvolve baixo o lema 'Turismo e cultura: da creación ao legado -construÃndo territorios resilentes e conectados' ten lugar estes dÃas en Bourges, no Val de Loira (Francia), e no marco da mesma, a entidade vén de acordar a celebración da vindeira cita anual en Galicia coincidindo co Xacobeo 2027. En NECSTouR están representadas un total de 44 rexións europeas e 32 organizacións académicas, asociacións e redes de empresas de turismo sostible, que representan a 19 paÃses europeos.
Alfonso Rueda anunciou que Galicia será a primeira comunidade que regule os exames virtuais para o ensino público non universitario. Esta regulación para a 'educación do futuro', que se encadra na futura Lei de educación dixital, contempla o emprego de 'sistemas biométricos que garantan a autenticidade dos resultados' no caso de probas a distancia sen supervisión docente. Neste sentido, cómpre lembrar que esta Lei incorporará outras medidas destinadas a responder os retos presentes e futuros da educación, como que a comunicación entre profesores e familias se produza só a través de Abalar, a prohibición de gravar clases sen autorización, ou a regulación do uso da intelixencia artificial ou do móbil nas aulas.