
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañou hoxe ao presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, no acto de constitución da rede provincial de concellos termais, unha agrupación integrada por 15 municipios e que, segundo Conde, permitirá afianzar a alianza e a colaboración institucional entre a Xunta, a Deputación de Ourense e os propios concellos para garantir a estabilidade destes asentamentos dentro da provincia e seguir, así, impulsando o potencial económico e turístico destas augas. Durante o acto, Conde informou aos asistentes do proxecto de lei de aproveitamento lúdico de augas termais aprobado polo Consello da Xunta o pasado 1 de agosto. Esta lei constitúe unha iniciativa pioneira en España, e reforzará o potencial turístico e patrimonial destes concellos.
Tal e como trasladou Conde aos asistentes, a lei inclúe velar por manter a seguridade e a hixiene dos aproveitamentos turísticos das augas termais; garantir a sustentabilidade medioambiental dos asentamentos cunha explotación racional dos seus recursos; a protección da integridade como recurso natural dos mesmos; e promocionar o desenvolvemento económico e social dos concellos que posúan redes termais. Esta normativa céntrase expresamente no emprego lúdico das augas termais, complementando a normativa vixente sobre a súa práctica terapéutica. A este respecto, diferencia entre balnearios (co emprego medicinal) e espazos termais (centrados no turismo).
Durante a súa intervención, o conselleiro realizou un chamamento aos asistentes para garantir a estabilidade termal dos concellos de Ourense. Conde asegurou que esta rede blinda os valores identitarios, ofrece unha xestión non invasiva dos asentamentos e permite a comunicación proactiva entre os axentes chave do eido: Debemos ofrecer garantías para reforzar a política termal e toda a oferta de servizos para continuar sendo referentes neste eido, sinalou o conselleiro.
Galicia, forza termal
A comunidade galega constitúe a maior forza termal a nivel nacional, con 300 captacións de augas mineromedicinais, 21 balnearios (con 7 deles con distintivo Q de Calidade Turística) e 3 centros de talasoterapia. Esta oferta inclúe 3.000 prazas hosteleiras con preto de 150.000 usuarios, facturando 60 millóns anuais e empregando a preto de 1.400 persoas.
Este músculo económico trasládase particularmente á provincia de Ourense, que conta na súa circunscrición con 7 balnearios (o 35% do total nacional), e coa súa capital de provincia homónima como a segunda cidade europea con maiores reservas de augas mineromedicinais, só superada por Budapest.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.