Notas de prensa

Amigos da Terra pon en marcha un proxecto sobre cultivo biointensivo de alimentos como adaptación ao cambio climático

Amigos da Terra pon en marcha o proxecto “Cultivo biointensivo de alimentos: método agroecolóxico innovador para a adaptación ao cambio climático de hortas familiares e comunitarias”. O método biointensivo é unha técnica de cultivo agroecolóxico que permite o máximo aproveitamento dos recursos naturais, terra, auga, sol, abonos naturais, etc.

O proxecto, que conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade, analizará a posta en práctica do método biointensivo de produción agroecolóxica con 54 produtoras de Galicia, Aragón, Ibiza, Mallorca e Madrid, mediante a análise da mellora da calidade e resiliencia do solo das hortas das persoas participantes.

Método Biointensivo de Cultivo de Alimentos

O método biointensivo é unha técnica de cultivo agroecolóxico que permite o máximo aproveitamento dos recursos naturais, terra, auga, sol, abonos naturais... Este método combina a produción de alimentos coa rexeneración do chan, grazas á variedade, rotación e asociación de cultivos, e ao uso de compost producido na propia horta.

A técnica realízase a man con ferramentas sinxelas como a pa, o bieldo e o anciño, e consiste en varios principios que poden ser adaptados a calquera clima.

Cun 70% dos chans españois en risco de desertificación severa pola combinación de usos agrícolas intensivos e polos efectos do cambio climático, o método de cultivo biointensivo convértese nun aliado indispensable na adaptación ao cambio climático, xa que permite diminuír o uso de auga e de achegas externas, incrementar os rendementos por superficie de cultivo e reconstruír e mellorar a fertilidade do chan.

Proxecto “Cultivo Biointensivo de Alimentos”

Para conseguir a participación das 54 produtoras faranse 2 cursos, de tres días de duración, en cada rexión participante, coas que se busca capacitar a máis de 130 persoas.

As persoas seleccionadas para participar no proxecto recibirán material específico sobre o método biointensivo así como acompañamento e formación complementaria. Tamén se farán analíticas dos solos antes de aplicar o método e despois de 2-3 ciclos de cultivo, co obxectivo de comprobar a mellora na fertilidade e na resiliencia do solo fronte ao cambio climático.

O método brinda unha solución á seguridade alimentaria familiar fronte aos grandes problemas que ameazan aos pobos de todo o mundo: a contaminación e destrución do medio ambiente, o esgotamento dos recursos naturais e o cambio climático. Con esta énfase, o método desenvolveuse para poder cultivar todos os alimentos para unha dieta completa e nutritiva no espazo máis reducido posible.

Primeira formación do proxecto

No proxecto de “Cultivo Biointensivo de Alimentos” establécense dúas formacións de tres días para formar a posibles participantes.

A primeira das formacións está orientada a aquelas persoas que xa teñen realizada o obradoiro básico do Método Biointensivo e, idealmente, a aquelas que xa están cultivando. Estará dividida en 3 xornadas de 8 horas de duración. A primeira delas terá lugar este sábado 31 de agosto no Museo da Muller Labrega sito en As Covas s/n, Meaño, Pontevedra.

O horario estimado será de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h e nese tempo falarase das especificidades e vantaxes do proxecto, dos procesos de recollida de solo, das experiencias particulares das participantes, da planificación das asociacións e rotacións dos cultivos de inverno e marcaranse as seguintes datas para completar esta formación.

En breves porase en marcha un segundo curso que, neste caso, estará dirixido tanto a aquelas persoas que queren aprender a cultivar os seus propios alimentos dun xeito respectuoso co medio, como a labregos ou labregas ecolóxicas que queren aprender novos métodos de traballo, sin que sexa necesario ter coñecementos previos.

O programa formativo corre a cargo de Guillermo Rodríguez Barreiro, enxeñeiro agrónomo e Mestre de Nivel Intermedio do método biointensivo.

Este proxecto conta co apoio do Ministerio para a Transición Ecolóxica a través da Fundación Biodiversidade.

Amigos da Terra , 2019-08-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES