
O Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade, financiado pola SecretarÃa Xeral de Igualdade, pretende mellorar a situación persoal e laboral de mulleres con problemas de saúde mental a través dun traballo personalizado e individualizado con cada unha delas.
Para iso, facilÃtaselles información e asesoramento, realÃzanse accións formativas, aténdense urxencias e trabállase coordinadamente con outros recursos. Durante os últimos dez meses, 50 mulleres con problemas de saúde mental beneficiáronse deste programa en toda Galicia, nomeadamente nas cidades de A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Vigo.
Margarita, participante no programa en Lugo, asegura que o seu paso polo mesmo foi moi positivo. “Sentinme moi identificada cos temas tratados nas charlas porque vivÃn situacións similares aos exemplos que se poñÃan, como o que ten que ver con actitudes sexistas cara a miña persoa, micro e macro machismos, e o papel da muller dentro das familias a nivel de conciliación persoal e laboral”, afirma.
Dende o pasado mes de decembro, no marco do Programa de Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de Vulnerabilidade realizáronse unha serie de accións formativas grupais que trataron diversos temas como a prevención de malos tratos, sexualidade, habilidades, autoestima, motivación para a busca do emprego, psicoeducación, etc. Ademais, o programa tamén inclúe intervencións personalizadas de inclusión.
“O paso polo programa serviume para aprender a manexar mellor a miña enfermidade e a non estigmatizarme a min mesma. Antes tiña moitos medos e pechábame aos demais; pero grazas á atención recibida, agora son capaz de expresar os meus medos, traballalos e reconducilos dunha maneira que non me prexudique”, asegura Margarita.
Saúde Mental FEAFES Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro constituÃda en 1995. A súa misión é representar os dereitos e necesidades do movemento asociativo das persoas con enfermidade mental. De carácter social, esta entidade ten como obxectivo principal a adopción de medidas que contribúan á mellora da calidade de vida das persoas que teñen problemas de saúde mental e a dos seus familiares.
O ámbito de actuación de Saúde Mental FEAFES Galicia abrangue todo o territorio autonómico. Actualmente agrupa a 14 asociacións repartidas por toda a comunidade galega, posúe centros e servizos en máis de 30 localidades e conta con arredor de 7.000 socios.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.