Archivo (5 del 2019)

Buscador

Noticias

O 7 de xuño no Edificio CIEDUS (Finca Vista Alegre) terá lugar a I Feira de Emprendedoras de Compostela, organizada conxuntamente polo programa Woman Emprende da USC e a Concellaría de Desenvolvemento Económico de Santiago. A feira nace co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.
A escolas infantís de 0 a 3 anos da rede autonómica A Galiña Azul abrirán o vindeiro curso escolar 2019/2020 con 8.594 nenas e nenos con praza, o que supón o 70% das 12.147 solicitudes presentadas con toda a documentación requirida e 302 admitidos máis que no presente curso. Ademais, a listaxe de nenas e nenos en agarda sitúase en 3.367 nenas e nenos, 501 menos que no período anterior. O 66% das solicitudes presentadas correspóndense con novos ingresos e o 34% con renovacións.
Inaugurouse hoxe a segunda edición do Saborea Galicia, unha proposta cuxo obxectivo é poñer en valor tanto a materia prima de Galicia como as súas posibilidades dentro da cociña elaborada e moderna, na que a comunidade xoga un papel fundamental con once estrelas Michelin. A acción deste ano consiste na realización de catro showcookings para profesionais dirixidos polo chef galego Rafa Centeno.
Foi inaugurada na sala Losada Quiroga do Seminario de Mondoñedo a exposición "350 ANOS DA OFRENDA DO ANTIGO REINO DE GALICIA A XESÚS SACRAMENTADO NA CATEDRAL DE LUGO", con motivo de cumprirse neste 2019 os trescentos cincuenta anos do inicio do proceso que xerou a Ofrenda anual que seguen facendo en Lugo cada infraoitava do Corpus as cidades da Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui, capitais do Antigo Reino de Galicia.
Entre os días 2 e 8 de Xuño, de domingo a domingo, celebrarase a décimo terceira edición do Festival Alternativo Millo Verde, que este ano se volverá a aloxar na “Punta” da Praia de Cesantes. Como todos os anos, o obxectivo da Asociación Millo Verde é converter este evento gratuíto nun microcosmos de encontro lúdico para persoas de todas as idades co fin de crear unha plataforma onde os novos creadores poidan mostrar a súa arte, onde se potencie a música galega mesturada con músicas internacionais.
A Comisión de selección para os finalistas do Proxecto Runas 2019, unha vez analizados os grupos finalistas, a súa música, afinación, son, afinidade co Festival, determinou que os tres grupos que deben pasar á final son os seguintes: UKI KOJIMA BAND (Xapón), DEQUENVESSENDO (Galicia) e TÚA (Murcia). Actuarán en Ortigueira o 11 de xullo, cada grupo percibirá ademais 1.500 € e terá a posibilidade de actuar en 2020.
Os días 10 e 11 de outubro celebrarase na Illa de A Toxa o XXII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui) cuxa finalidade é actualizar o coñecemento do estado dos recursos mariños e da acuicultura en Galicia e o resto do mundo, favorecendo o contacto entre centros de investigación, empresas e institucións públicas, tanto nacionais como internacionais.
De Xabier P. DoCampo dicimos que foi un pioneiro, un dos pais da Moderna Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia. A el, xunto con outros escritores e escritoras da súa xeración, correspondeulle crear unha nova literatura máis acorde cos tempos e cun concepto de infancia que xa non era considerada unha etapa imperfecta de transición, senón un importante momento da vida, con características propias e necesidades específicas.
Con motivo do centenario da eclipse total de Sol no que se comprobou por primeira vez unha das predicións da Teoría da Relatividade Xeral de Albert Einstein, o investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e profesor da USC José Edelstein ofrecerá unha conferencia pública o vindeiro mércores, 29 de maio, ás 19:30 h no Centro Obra Social ABANCA (praza de Cervantes) de Santiago de Compostela.
A tempada comezará con 'Divinas palabras', unha peza de Valle-Inclán dirixida por José Carlos Plaza e coa interpretación de María Adánez e Charo López. Virán despois 'La strada' (a versión para teatro do clásico de Fellini dirixida por Mario Gas e cun elenco conformado por Alfonso Lara, Mar Ulldemolins e Alberto Iglesias) e 'Perfectos desconocidos', dirixida por Daniel Guzmán e á que darán vida Alicia Borrachero, Antonio Pagudo, Fernando Soto, Elena Ballesteros, Jaime Zataraín, Ismael Fritschi e Inge Martín.
« Anterior | 1  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (120)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES