
Os detalles do evento presentáronos este mércores 29 en rolda de prensa a vicerreitora de Organización Académica, Celia Besteiro; a subdirectora xeral de Acuicultura da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez Suárez, e o presidente do Foro e profesor da USC, Manuel Rey Méndez.
O evento reúne a representantes do sector, tanto de empresas como de profesionais do mar e persoal investigador procedentes de Galicia e doutras comunidades autónomas, quen xunto con técnicos e persoal experto doutros países achegan diferentes visións e experiencias de grande interese colectivo para este ámbito de actividade e investigación. O evento, que inclúe a publicación anual das intervencións e traballos que se presentan no Foro, conforma un foro considerado por especialistas deste ámbito como o máis atractivo dos que anualmente se celebran en España.
A edición de 2019 do Foro dedicará un especial recoñecemento ao Instituto de Investigación Mariñas-CSIC (IIM), dando continuidade ao realizado o pasado ano ao IEO, para salientar o traballo que esta institución desenvolve en relación cos recursos mariños e a acuicultura. O programa do encontro celébrase na Illa da Toxa coincidindo coa festa do Marisco do Grove.
Programa
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.