Notas de prensa

Nace a Feira de Emprendedoras de Compostela para achegar á cidadanía diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres

O 7 de xuño no Edificio CIEDUS (Finca Vista Alegre) terá lugar a I Feira de Emprendedoras de Compostela, organizada conxuntamente polo programa Woman Emprende da USC e a Concellaría de Desenvolvemento Económico de Santiago. A feira nace co obxectivo de achegar á cidadanía as diferentes iniciativas empresariais lideradas por mulleres e que están creando tecido empresarial responsable e transformador na nosa contorna.

Nesta primeira edición a temática e o sector escollido é o artesanal. Para ir adiantando o día propio da feira, durante toda a semana que vén, a partir do luns 3, contarase no mercado da Galiciana co Espazo de Tradición e Artesanía no que exporán as artesás Sandra Vilas Fernández, de Boina Galega; Edita Rodríguez Oca, de Jatafarta; Beatriz Méndez Campos, de Floriforma; Minia Banet Fraga, de Variopinto; Kinga Haudek, de Kinga Haudek Joyería Artística, e Rosario López Gómez, de Charo López Atelier.

O programa

A primeira parte da feira é unha sesión interna formativa, dirixida ás mulleres que emprenden e que precisan de ferramentas que as acheguen a unha axeitada comunicación empresarial para acadar a maior venta posible.

A continuación (12.00h) abrirase ao público un espazo para a exposición en formato feira. Será un traballo de empoderamento para que as persoas visitantes poidan apreciar a calidade dos traballos, o esforzo nos procesos de elaboración, o valor dos oficios moi vinculados á veciñanza e non rifados coa innovación, o uso de novas técnicas e tecnoloxías e a internacionalización dalgún deles.

Tamén haberá un momento para a reflexión e o debate entre mulleres cunha longa traxectoria empresarial no eido artesanal e as que se inicien nesta actividade e a estean expoñendo como modelo de vida. Nesta mesa, prevista para as 13.00 horas e moderada por Elena Fabeiro, participarán Jose Castro, de Noroeste Obradoiro; Palmira Marcote, de Mimadriña; Inés Rodríguez, de Rir & Co; e Beatriz López, de Tenda Boles.

Pechará o evento o relatorio de Idoia Cuesta, Premio Nacional de Artesanía 2014 e promotora de Idoia Cuesta Cestería Contemporánea (www.idoiacuesta.com).

Woman Emprende

O Programa Woman Emprende da USC naceu co obxectivo de impulsar o espírito emprendedor das mulleres e a transferencia de coñecemento á sociedade, apoiando as iniciativas e a xeración de novos proxectos empresariais liderados por elas. En Woman Emprende materialízase o compromiso da USC co emprendemento integral e responsable, así como o desenvolvemento económico e social da contorna.

Para iso, o programa da USC ofrece toda unha serie de ferramentas ás emprendedoras para dar os primeiros pasos no comezo da actividade empresarial; información de calidade e actualizada e apoio, desenvolve actividades de interese común para as emprendedoras e acompaña a cada un dos proxectos dende o inicio ata o desenvolvemento real da actividade.

Woman Emprende, 2019-05-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES