Notas de prensa

O Festival Alternativo Millo Verde de Redondela presenta a súa edición 2019

Entre os días 2 e 8 de Xuño, de domingo a domingo, celebrarase a décimo terceira edición do Festival Alternativo Millo Verde, que este ano se volverá a aloxar na “Punta” da Praia de Cesantes. Como todos os anos, o obxectivo da Asociación Millo Verde é converter este evento gratuíto nun microcosmos de encontro lúdico para persoas de todas as idades co fin de crear unha plataforma onde os novos creadores poidan mostrar a súa arte, onde se potencie a música galega mesturada con músicas internacionais.

A idea é que funcione todo como unha xanela pola que os redondeláns póidanse asomar fóra e os foráneos poidan gozar dos atractivos turísticos, ambientais e culturais da comarca de Redondela e así manter o evento como unha das citas referencia na cultura, a música e o lecer non só da provincia de Pontevedra se non de toda Galicia.

Este ano contamos con novidades, aumentando a unha semana a duración do festival, onde desde o Domingo 2 de Xuño ao Mércores 5 realizarase unha serie de proxeccións de películas e curtametraxes, acompañados por funcións musicais e djs., no novo espazo denominado ESPAZO REGATO.

Este será o aperitivo antes do Xoves, cando empezarán os concertos nocturnos que se prolongarán durante toda a fin de semana.

O xoves comezarán sobre as 22.00h, coa participación este ano dos 3 grupos “ Andoa”, “ Mad Martin Trio” e “ Sete Cuncas”.

O venres a diversión comezará ás 16.00h da tarde coa "Jam Graffiti", na que varios dos máis novos artistas de Galicia deleitarannos cos seus trazos e cores. En paralelo, o colectivo "Artelixo" instalará un espazo de xogos populares realizados con materiais de reciclaxe e un taller de estampado de camisetas.

Todo isto irá acompañado de concertos no ESCENARIO CHAPATA, comezando ás 19.30 h o grupo "Habana" e ás 20.00 h o grupo redondelán " RMS", que dará paso aos concertos no ESCENARIO MILLO VERDE.

Será a hora dos gañadores do XII Concurso de Maquetas Millo Verde " TANDUB", seguido dos irlandeses "SEN A DEIR SE", os ingleses con raíces africanas " KOG & THE ZONGO BRIGADE" e pechando o ESCENARIO MILLO VERDE os vigueses " KINGS OF THE BEACH". Para pechar chegarán outra vez os compañeiros de "BRIGADA SOUND" que amenizarán os últimos compases da noite.

O sábado o entretemento madrugará aínda máis, tendo de mañá varias actividades como son as clases de " Ioga" na praia a partir das 11.00 h e unha " Jimkana Academia Trazos" para os máis pequenos. Para terminar, sesión vermú a cargo do grupo redondelán 33 R.P.M.

Xa pola tarde, continuará a "Jam Grafiti", acompañada por máis actividades como son o mítico “ Eskalabirras” nos que poderán participar grandes e pequenos, un campionato de "Balonmán Praia" organizado pola xente da S.A. R e pechando o clásico " Cé Orquestra Pantasma" co seu espectáculo "A Voar". No ESCENARIO CHAPATA transcorrerán os concertos de tarde, empezando ás 17.30 h con "ZELTIA IREVIRE", ás 19.00 h "SEN A DEIR SE" facendo pase de tarde e por último "Os PONTIAKS" de Vigo. Os concertos nocturnos empezarán como o venres ás 22:30 h e correrán a cargo da arxentinas "FÉMINA", seguido polo grupo de Ponteareas "REBELIOM DO INFRAMUNDO", os estadounidenses " GODDAMN GALLOWS" e pechando os ritmos de colombia de "GHETTO KUMBÉ". Como o sábado, a "BRIGADA SOUND" dará o colofón ao XIII Festival Alternativo Millo Verde.

Como sempre a entrada ao festival será totalmente gratuíta, haberá servizo de buses a 1.50€ euro desde Redondela que fará unha parada no antigo campo de fútbol de San Pedro (Cesantes) onde estará situado o aparcadoiro do festival e outra no Millo Verde. Os
interesados en acampar poden dirixirse ao Cámping de Cesantes a escasos metros do recinto do festival.

Festival Alternativo Millo Verde de Redondela, 2019-05-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES