Archivo (5 del 2019)

Buscador

Noticias

A viola luguesa Iria Fernández Silva ofrecerá este luns no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o concerto ‘Vibrando en catro cordas’, no que esta artista luguesa que xa se ten convertido nun valor en alza no ámbito da música de cámara, interpretará un amplo repertorio. O concerto que ofrecerá esta música nada no barrio lugués da Milagrosa encádrase no ciclo de novos talentos artísticos ‘Na Calzada’.
Convocouse a edición 2019 de English Week, que ofrece un total de 1.125 prazas dirixidas ao alumnado de 6º curso de Primaria e dos catro cursos de ESO, para que realicen estadías lingüísticas en inglés. As estadías, enmarcadas dentro da Estratexia EDUlingüe 2020, son totalmente gratuítas para as familias, e inclúen docencia, material escolar, mantemento e aloxamento, monitores, actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos, certificados e seguros.
Ao certame poderán concorrer, desde hoxe ata o vindeiro 24 de agosto, todos os e as poetas de calquera lugar do mundo que presenten un poemario orixinal en galego ou castelán, cuxo contido oscile entre os 450 e os 550 versos arredor do tema “a vida como camiño” e que manteñan unha vinculación co Camiño de Santiago desde a perspectiva do conxunto do poemario. A obra gañadora recibirá 1500 euros, un diploma acreditativo e a publicación da obra, tanto en galego coma en castelán.
Galicia promove esta semana a oferta do sector da organización de congresos e reunións de empresa na feira especializada IMEX, que se desenvolve na cidade alemá de Fráncfort. Trátase dunha das feiras de congresos máis senlleiras do mundo no ámbito do turismo de reunións e Galicia está presente cun espazo de promoción. Este ano asisten as entidades Santiago de Compostela Convention Bureau, Turismo da Coruña e Abramar DMC.
O IX Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2019, que se celebrará do 6 ao 9 de xuño, desenvolverá unha vez máis a súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística, a cal converterá de novo ao certame nunha importante plataforma de negocio para a oferta turística. No seu marco reuniranse 48 operadores turísticos, catro máis que na pasada edición, de España e doutros dez países con gran interese como emisores de turismo. Así, proceden de Alemaña, Brasil, EE.UU, Finlandia, Italia, Irlanda, Portugal, Rusia, Suecia e Suíza.
Os vindeiros días 6 e 7 de xuño desenvolveranse en Santiago de Compostela as II Xornadas de Patrimonio Bibliográfico, que reunirán a preto de douscentos especialistas de primeira orde de toda España. Organizadas polo grupo de traballo de Patrimonio Bibliográfico de REBIUN e a Universidade de Santiago de Compostela, nas xornadas debaterase sobre os diversos aspectos da xestión das coleccións patrimoniais en bibliotecas históricas e das coleccións especiais en bibliotecas e arquivos.
Presentouse hoxe o proxecto Tutatis nZE – near Zero Emission, que pretende lograr a autosuficiencia enerxética nas Illas Cíes e Ons mediante a xeración de enerxía 100% renovable, co fin de que ambas illas avancen cara as cero emisións. O proxecto, impulsado polo Porto de Vigo, pretende crear un sistema sostible de aproveitamento dos recursos naturais, integrado na contorna e capaz de cubrir a demanda de enerxía e de auga de Cíes e de Ons.
Ábrese o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2019/20. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto dende o día 21 de maio ata o próximo día 21 de xuño.
“Hai concellos que apoian certames de narrativa ou de poesía, pero son escasos os que apoian a escrita dramática. Por iso é de agradecer iniciativas como a do Concello de Brión e desexar que teña continuidade”. Con estas palabras Xavier Lama iniciaba o seu discurso tras recibir de mans do alcalde de Brión, José Luís García, o galardón da primeira edición do Premio Laudamuco para textos teatrais en galego.
A exposición DESTACADOS poderá visitarse o 15 de setembro no Museo de Arte Contemporánea de Vigo. Esta exposición comprende unha selección de pintura, escultura e obra en papel das pezas máis significativas e icónicas da colección, non só polo estilo artístico que representan, senón tamén pola importancia e a transcendencia dos seus autores. As pezas reunidas no MARCO permiten trazar unha breve panorámica dalgúns dos capítulos máis interesantes da historia da arte do século XX.
« Anterior | 2  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (125)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES