
A xestión da colección e a conservación e restauración serán os dous grandes eixos temáticos arredor doa cales xirarán as numerosas comunicacións e relatorios dun encontro que inaugurará o xoves 6 de maio Ramón Rodríguez Álvarez, da Universidade de Oviedo, cunha intervención sobre as coleccións de incunables das bibliotecas universitarias españolas.
Haberá outras tres conferencias principais, que versarán sobre a protección do patrimonio bibliográfico en Galicia (a cargo de José Daniel Buján Núñez e Noelia Bascuas Ferreiro, da Biblioteca de Galicia), o fondo antigo das bibliotecas universitarias no Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico (por M. Isabel García-Monge Carretero, do Ministerio de Cultura) e a nova vida do pergamiño vello, a cargo de Ana Isabel Suárez González, da USC.
A partir de aí serán dous días intensos de charlas e intercambio de impresións en sesións de comunicacións sobre a biblioteca dixital, as bibliotecas históricas, a encadernación, a conservación e manipulación do papel para a súa conservación, a difusión ou a xestión da colección.
Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).
Foio presentada a quinta edición de Galicia Ilusiona, o Festival Mundial de Ilusionismo de Galicia, que volverá converter a comunidade nun referente internacional da maxia durante os meses de novembro e decembro de 2026. Dirixido por Pedro Bugarín e Dani Polo, o festival, reunirá a seis artistas internacionais multipremiados: Mago Murphy, Toni Frebourg, An Ha Lim, Didak , Bonjin Koo e Diego @ Elena, que ofrecerán o mellor do ilusionismo en diferentes teatros e auditorios galegos, achegando espectáculos a milleiros de espectadores. A programación das galas Internacionais desenvolverase en oito cidades galegas: A Coruña, Cangas, Vigo, Pontevedra, Lugo, Ferrol, Ourense e Santiago de Compostela, entre o 20 de novembro e o 13 de decembro.