Archivo (5 del 2019)

Buscador

Noticias

A partir da análise dos datos bibliográficos de produción científica contidos en Web of Science, o ránking Leiden mantén un ano máis á USC entre as mil mellores universidades do mundo. A institución ascende á posición 446 da listaxe xeral, posicionándose como a 153 entre as mellores de Europa e a décimo terceira das españolas. A clasificación inclúe 963 universidades de 56 países que “teñen en común un alto grao de intensidade de investigación”.
A nova edición da Maker Faire Galicia ven con dúas novidades: celebrarase a principios do verán e, debido ao éxito das anteriores, pasará de 3 a 5 días de duración, ampliando as xornadas profesionais de unha a tres xornadas. A Maker Faire é a maior feira de inventores do mundo, un escaparate para a creatividade e o enxeño, pensado para tódolos públicos e disciplinas: gastronomía, robótica, mecánica, ciencia, arte urbana, música, electrónica, artesanía, etc.
O Comité Español do Día Internacional da Luz (DIL) designou este ano Santiago de Compostela como sede do acto central que, tal e como declarou a UNESCO, ten lugar cada 16 de maio. A Universidade de Santiago de Compostela é, por tanto, a encargada de organizar un evento. No acto participarán 500 asistentes, incluíndo persoal investigador de diferentes universidades españolas e portuguesas.
O Concello de Ourense participa activamente a través da Concellería de Promoción Económica no proxecto europeo Geoatlantic, que aposta por fomentar o desenvolvemento sostible aproveitando as enerxías renovables, Representantes municipais asisten hoxe na localidade de Inveravay, Escocia, á xuntanza técnica do grupo de traballo que ten como finalidade compilar esforzos e iniciativas xunto cos socios europeos do arco atlántico.
Os 25 estudantes que rematan en ESTALMAT Galicia foron seleccionados en 2017 (23 nenos e 2 nenas – nesta edición rexistrouse o número de mulleres máis baixo) entre os 345 presentados no ano 2017. A súa distribución por provincias é: A Coruña (14), Lugo (3), Ourense (1) e Pontevedra (7). Forman parte xa dos 3.485 estudantes presentados nas doce convocatorias celebradas ata o momento.
O cinema feito en Galicia centra esta semana a programación coa que o Centro Galego de Artes da Imaxe se suma á celebración do Día das Letras Galegas en colaboración coa Academia Galega do Audiovisual. A figura pioneira do produtor coruñés Víctor Ruppén, os últimos premios Mestre Mateo do audiovisual galego e o documental etnográfico son os tres eixos da carteleira que poderá verse ata o sábado na sede coruñesa da filmoteca da Xunta.
Despois de ano e medio de traballo e coa participación de máis de 2.000 persoas, 'Compartimos Plan' ofrece unha diagnose para a detección de necesidades, unha guía de recursos existentes na materia nos distintos concellos, unha guía de boas prácticas e tamén o plan de acción pola igualdade de xénero. O proxecto desenvolveuse cunha metodoloxía participativa, dinámica e colaborativa que tivo tamén como obxectivo a sensibilización e concienciación.
A Feira Expovacaciones amosa alternativas innovadoras e as tendencias máis interesantes en rutas e destinos turísticos nacionais e internacionais, así como innovadoras alternativas de ocio e tempo libre. Este ano, como novidade a feira incorpora un novo concepto baseado no deporte, a gastronomía e a aventura para que os viaxeiros poidan elixir destinos segundo as actividades, excelencias gastronómicas do territorio ou nas vivencias descoñecidas.
O Día das Letras Galegas adiántase ao luns 13 nunha nova sesión dos Luns do Ateneo. Nesta ocasión, será momento de lembrar a Antón Fraguas coa conferencia do Antropólogo Manuel Vilar Álvarez, autor da exposición sobre a súa figura realizada no Museo do Pobo Galego en 2006. Así, o Ateneo homenaxeará ao historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista, cun gran coñecedor da súa persoa como é Vilar Álvarez.
A XVIII romaría etnográfica "Raigame" dedica esta edición ás feiras ao longo dos séculos XIX e XX e ao gando, e contará como novidade coa representación dunha feira de gando e coa mostra de exemplares das diferentes razas autóctonas gandeiras, así como demostracións dos traballos que realizaban. As rúas de Vilanova, un ano máis punto de encontro da etnografía galega, encheranse un ano máis de oficios tradicionais e cultura popular.
« Anterior | 3  de  5 | Siguiente »

Archivo

2024 (152)

2023 (349)

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES