Notas de prensa

O Lugo máis inédito amósase en Expovacaciones, o encontro internacional coa maior oferta turística do norte do Estado

A Feira Expovacaciones amosa alternativas innovadoras e as tendencias máis interesantes en rutas e destinos turísticos nacionais e internacionais, así como innovadoras alternativas de ocio e tempo libre. Este ano, como novidade a feira incorpora un novo concepto baseado no deporte, a gastronomía e a aventura para que os viaxeiros poidan elixir destinos segundo as actividades, excelencias gastronómicas do territorio ou nas vivencias descoñecidas.

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, asistiu á 40ª Feria Internacional de Turismo e Tiempo Libre Expovacaciones que, do 10 ao 12 de maio, terá lugar no Bilbao Exhibition Centre de Barakaldo e no que a Deputación ten presenza cun stand propio para a promoción turística da provincia.

Vidal Baamonde subliñou que “Expovacaciones é o escaparate turístico máis importante do norte peninsular, idóneo para captar visitantes para a provincia de Lugo. Desde o stand propio da Deputación, promovemos a imaxe da provincia de Lugo como destino de excelencia gastronómica e de natureza onde se poden vivir experiencias únicas e inéditas”.

A Feira Expovacaciones amosa alternativas innovadoras e as tendencias máis interesantes en rutas e destinos turísticos nacionais e internacionais, así como innovadoras alternativas de ocio e tempo libre. Este ano, como novidade a feira incorpora un novo concepto baseado no deporte, a gastronomía e a aventura para que os viaxeiros poidan elixir destinos segundo as actividades, excelencias gastronómicas do territorio ou nas vivencias descoñecidas.

Durante os tres días que dura o evento, no stand propio da Deputación proxectarase o novo spot promocional Lugo Inédito da campaña turística da provincia Lugo Cambia. Este vídeo, editado en 7 idiomas, amosa unha selección de lugares de interese turístico que teñen o privilexio de poder etiquetarse como únicos no mundo.

A Deputación tamén porá a disposición dos visitantes os cinco novos folletos promocionais dos 4 xeodestinos da provincia de Lugo (A Mariña Lucense, Ribeira Sacra, Ancares Courel e Terra Chá), e outro especial dedicado á gastronomía lucense.

No marco deste encontro, as comunidades do País Vasco, Cantabria, Asturias e Galicia conmemoran o 30 aniversario de Green Spain, a súa unión para promover os seus destinos no eido turístico, cultural e de espazos naturais. Esta alianza conta este ano cun novo recurso turístico natural na provincia de Lugo, as montañas do Courel e Ancares, primeiro Xeoparque Mundial do Noroeste Peninsular.

Deputación de Lugo, 2019-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (eclipse-2026-xunta.jpg) A Xunta habilitou hoxe un apartado específico dentro da páxina web de MeteoGalicia para facilitar o acceso e as consultas relacionadas coa predición do tempo en todos os concellos galegos durante a xornada da eclipse solar, prevista para o vindeiro día 12 de agosto. Galicia será unha das rexións nas que mellor se poderá observar este fenómeno astronómico de carácter excepcional, aínda que non en todas as zonas se apreciará por igual. De feito, no espazo web dedicado ao tempo durante a eclipse hai un mapa con todos os concellos sobre o que se indica en cales será total e en cales se verá de forma parcial.
Foto de la tercera plana (camino-litoral.jpg) Co obxectivo de pór en valor os máis de 2.555 quilómetros de litoral que posúe Galicia, a Xunta ven de lanzar o Camiño do Litoral. Trátase dun itinerario único que discorre por 78 municipios costeiros a través de 52 etapas, concibido para ofrecer unha alternativa de turismo sustentable e amosar a convivencia entre a conservación ambiental e o desenvolvemento socioeconómico da zona. Esta gran ruta vertebradora, que xurde como unha das medidas clave ao abeiro da Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia, conecta espazos naturais, vilas mariñeiras e un rico patrimonio.

Notas

Espazos Sonoros regresa un ano máis cunha programación que volve propoñer un diálogo entre música e patrimonio, convidando o público a descubrir espazos de especial valor histórico e cultural da provincia da Coruña a través da experiencia artística. Organizado polo departamento de Patrimonio da Deputación da Coruña, o ciclo desenvolverase entre o 5 de setembro e o 8 de outubro.
Cada día, unha parte importante da enerxía que consome a industria termina perdéndose en forma de calor. Entre un 25 % e un 55 % disípase a temperaturas próximas aos 200 °C suficientemente elevadas como para aproveitar esa calor e convertela en electricidade. Recuperar ese potencial enerxético é un dos desafíos da industria para avanzar cara a procesos máis eficientes e sostibles.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES