Notas de prensa

Santiago de Compostela, sede española da celebración do Día Internacional da Luz

O Comité Español do Día Internacional da Luz (DIL) designou este ano Santiago de Compostela como sede do acto central que, tal e como declarou a UNESCO, ten lugar cada 16 de maio. A Universidade de Santiago de Compostela é, por tanto, a encargada de organizar un evento. No acto participarán 500 asistentes, incluíndo persoal investigador de diferentes universidades españolas e portuguesas.

O Comité Español do Día Internacional da Luz (DIL) designou este ano Santiago de Compostela como sede do acto central que, tal e como declarou a UNESCO, ten lugar cada 16 de maio. A Universidade de Santiago de Compostela é, por tanto, a encargada de organizar un evento que terá lugar na cidade un día antes, este mércores 15, no Hostal dos Reis Católicos.

Na cerimonia inaugural, ás 10.00 horas, está prevista a asistencia do vicerreitor de Investigación e Innovación, Vicente Pérez Muñuzuri; a conselleira de Educación, Universidade e FP, Carmen Pomar; o presidente da Sociedade Europea de Óptica (EOS) e secretario xeral da Comisión Internacional de Óptica ICO, Humberto Michinel; a decana da Facultade de Física, Elena López Lago; a vicepresidenta do Comité Español do DIL, María Luisa Calvo; a vicepresidenta da Sociedade Española de Óptica, Sagrario Millán; o presidente da Sociedade Portuguesa de Óptica e Fotónica, Manuel Filipe da Costa; e a presidenta do Comité Local Organizador do acto central do DIL 2019 e profesora da USC, Maite Flores-Arias.

No acto participarán 500 asistentes, incluíndo persoal investigador de diferentes universidades españolas e portuguesas, alumnado universitario e de educación secundaria e bacharelato así como dos bacharelatos de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía do programa STEMbach da Xunta de Galicia.

Logo da apertura, terán lugar catro charlas divulgativas impartidas por científicos de renome internacional dirixidas ao gran público, dúas delas sobre as temáticas merecedoras dos dous Premios Nobel 2019 de Física. Simultaneamente desenvolveranse talleres divulgativos dirixidos a alumnado de educación secundaria.

Así, ás 10:15 horas o catedrático de óptica da Universidade de Murcia Pablo Artal falará de tecnoloxías da luz empregadas para ver mellor. Xa ás 11.00 horas a profesora do departamento de Fisioloxía da Facultade de Bioloxía da Universidade de Murcia e co directora do laboratorio de Cronobioloxía, Mª de los Ãngeles Rol, explicará a influencia da luz no noso reloxo biolóxico. Tres cuartos de hora máis tarde, o catedrático de Óptica na Universidade de Salamanca Luis Plaja adentrarase na óptica extrema ultrarrápida e ultraintensa. Como colofón, ás 12.30 horas a doutoranda da Complutense Mercedes Angulo ensinaranos a maxia da luz para manipular e mover células.

Xunto con Teresa Flores-Arias, participan na organización do evento os profesores Carmen Bao Varela e Justo Arines Piferrer, todos eles do Departamento de Física Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela, así como a estudante de doutoramento María Aymerich, presidenta do Student Chapter da Sociedade Americana de Óptica (OSA) na USC.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-05-14

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES