Notas de prensa

O Ateneo de Santiago conmemora as Letras Galegas con 'Fraguas, o traballo calado'

O Día das Letras Galegas adiántase ao luns 13 nunha nova sesión dos Luns do Ateneo. Nesta ocasión, será momento de lembrar a Antón Fraguas coa conferencia do Antropólogo Manuel Vilar Álvarez, autor da exposición sobre a súa figura realizada no Museo do Pobo Galego en 2006. Así, o Ateneo homenaxeará ao historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista, cun gran coñecedor da súa persoa como é Vilar Álvarez.

O Día das Letras Galegas adiántase ao próximo luns día 13 nunha nova sesión dos Luns do Ateneo. Nesta ocasión, será momento de lembrar ao homenaxeado nesta celebración, Antón Fraguas, coa conferencia do Antropólogo Manuel Vilar Álvarez, autor da exposición sobre a súa figura realizada no Museo do Pobo Galego en 2006. A cita, que recibe o nome de “Fraguas, o traballo calado”, será a partir das 20.00 horas na Rúa do Vilar, 19 de Santiago de Compostela, e tamén se poderá seguir en directo a través da páxina de facebook da entidade.

Así, o Ateneo homenaxeará ao historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista, cun gran coñecedor da súa persoa como é Vilar Álvarez. Licenciado en Xeografía e Historia, doutorando en Antropoloxía e Máster en Xestión de Bens Culturais e Patrimonio, o seu labor profesional desenvólvese no campo da antropoloxía e patrimonio, comisariando exposicións, como a que realizou en 2006 no Museo do Pobo Galego sobre a figura de Antón Fraguas.

Ten presentado comunicacións en diferentes congresos e publicado distintos artigos sobre os seus traballos de campo relacionados co Patrimonio Etnográfico e Museos e é autor de varios libros entre os que destacan Teóricos da Arte, Dicionario Xaquín Lorenzo “Xocas” ou Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil, entre outros. En 2009 recibiu o Premio de Investigación Rutas Xacobeas da Asociación de Cámaras de Comercio dos Camiños Xacobeos por un traballo sobre o camiño de Fisterra e Muxía.

Ateneo de Santiago, 2019-05-10

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES