Notas de prensa

A USC repite entre as mellores universidades do mundo do ránking Leiden de produción científica

A partir da análise dos datos bibliográficos de produción científica contidos en Web of Science, o ránking Leiden mantén un ano máis á USC entre as mil mellores universidades do mundo. A institución ascende á posición 446 da listaxe xeral, posicionándose como a 153 entre as mellores de Europa e a décimo terceira das españolas. A clasificación inclúe 963 universidades de 56 países que “teñen en común un alto grao de intensidade de investigación”.

A selección realízase en función do número de publicacións indexadas de Web of Science no período 2014–2017 e que no caso da USC suma un total de 2.770 publicacións.

Ademais este ano, a listaxe estrea un novo indicador sobre a produción en perspectiva de xénero, incluíndo a referencia do número de autores e autoras dos artigos avaliados. Neste apartado a Universidade compostelá ascende a posición 337 de entre todas as universidades avaliadas e sitúase na oitava posición das españolas. Das 20.900 persoas que asinan a produción científica da USC recollida nas bases de datos de Web of Science no período de tempo avaliado, o 28,6% son mulleres.

Ademais da listaxe xeral, as universidades tamén son valoradas por ámbitos específicos de coñecemento. No de Ciencias da vida e da terra, a USC alcanza a súa mellor posición ascendendo á sétima posición das mellores universidades españolas con 691 publicacións, seguida da produción científica no ámbito as Ciencias biomédicas e da saúde (866 publicacións), en novena posición. Nos ámbitos das Ciencias físicas e enxeñaría (796 publicacións) e no de Ciencias Sociais e Humanidades (223) repite posición como a décimo terceira de entre as 33 universidades españolas recollidas. Completando o cadro, ocuparía a vixésima terceira posición en Matemáticas e ciencias da computación con 194 publicacións.

Polo que se refire á metodoloxía e selección de datos analizados, o ránking Leiden utiliza Science Citation Index Expanded, Social Sciences Citation Index e Arts & Humanities Citation Index. Unicamente se toman en consideración artigos e revisións, quedando excluídos os libros, actas de congresos e publicacións en revistas no indexadas nos índices de citas de Web of Science. Como se destaca na súa web, o ránking proporciona información exclusiva sobre a investigación realizada nas universidades. Ademais, esta clasificación proporciona indicadores de impacto científico, colaboración, publicación de acceso aberto e diversidade de xénero, mostran o rendemento investigador dende unha perspectiva absoluta ou relativa, atendendo á magnitude de cada institución.

Universidade de Santiago de Compostela, 2019-05-15

Actualidad

Foto del resto de noticias (gnight-2026.jpg) Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
Foto de la tercera plana (20260916-xunta.jpeg) A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.

Notas

A colaboración entre a UDC, a USC, a UVigo e o Sergas permitirá reforzar a prevención, facilitar a detección temperá de situacións de malestar emocional e garantir a continuidade asistencial cando sexa necesaria. O documento nace do traballo conxunto de profesionais das tres universidades e da Administración sanitaria, integrando a experiencia práctica e a evidencia científica.
Berenguela de Castela, María de Molina, Inés de Castro, Leonor de Guzmán, María de Padilla ou Catalina de Lancaster son algunhas das mulleres que protagonizan 'Señoras de Castilla. Reinas y damas medievales en la literatura peninsular', a exposición que pode visitarse na Facultade de Filoloxía e Tradución. A mostra percorre a vida e a fortuna literaria de catorce figuras femininas da nobreza da Baixa Idade Media.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES