
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, participaron hoxe na presentación do proxecto Tutatis nZE near Zero Emission que pretende lograr a autosuficiencia enerxética nas Illas Cíes e Ons mediante a xeración de enerxía 100% renovable, co fin de que ambas illas avancen cara as cero emisións.
O proxecto, impulsado polo Porto de Vigo, pretende crear un sistema sostible de aproveitamento dos recursos naturais, integrado na contorna e capaz de cubrir a demanda de enerxía e de auga de Cíes e de Ons. Un bo exemplo do obxectivo que se persegue é o caso da Illa grega de Tilos, que desde o mes de xaneiro xa se alimenta ao 100% de enerxías renovables, é dicir, o aire e o solo ofrecen subministro constante mediante un aeroxenerador e un parque fotovoltaico, aos habitantes da illa e aos turistas que se achegan nos meses de verán.
Trátase dunha importante iniciativa para a redución da pegada de carbono e para acadar unhas illas sostibles e colaboradoras coa loita contra o cambio climático, e acorde coa Axenda 2030 de Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU.
O apoio da Administración autonómica a esta iniciativa inscríbese no firme compromiso da Xunta coa defensa do medio ambiente e, máis en concreto, da conservación da riqueza medioambiental do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades científicas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Así se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade científica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanía e espertar vocacións científicas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer científico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esíxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Así o trasladou a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. Alí, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.