
A escolas infantÃs de 0 a 3 anos da rede autonómica A Galiña Azul abrirán o vindeiro curso escolar 2019/2020 con 8.594 nenas e nenos con praza, o que supón o 70% das 12.147 solicitudes presentadas con toda a documentación requirida e 302 admitidos máis que no presente curso. A listaxe definitiva pódese consultar nas páxinas web do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na da Axencia Galega de Servizos Sociais.
Ademais, a listaxe de nenas e nenos en agarda sitúase en 3.367 nenas e nenos, 501 menos que no perÃodo anterior. Esta cifra aÃnda se reducirá máis, pois nela están incluÃdos tanto os solicitantes de praza na rede da Galiña Azul como en centros dependentes dos concellos e de entidades de iniciativa social. Asà mesmo, as familias que queden sen praza pública poderán beneficiarse do Bono Concilia, axuda directa que lles permitirá contar con apoio económico para levar ás súas fillas e fillos á escola infantil que escollan.
Tamén cómpre indicar que o 66% das solicitudes presentadas correspóndense con novos ingresos e as 34% restantes son de renovación.
A distribución por provincias dos admitidos é a seguinte: 3590 nenas e nenos en escolas da Galiña Azul da Coruña, 3172 nas que hai en Pontevedra, 920 nas de Ourense e 912 nos centros da Xunta en Lugo. Ademais, indicar que no conxunto da rede autonómica hai admitidos 33 menores de 0 a 3 anos con necesidades especiais e 969 pertencentes a familias numerosas.
Máis de 25.000 prazas
A maiores das 10.380 prazas en escolas infantÃs da rede autonómica, as nenas e nenos galegos contan con prazas públicas en escolas infantÃs e puntos de atención á infancia dependentes dos concellos, do Sergas e das Universidades. A oferta pública tamén chega a centros privados con concertos e aos que xestionan entidades privadas de iniciativa social. O resto da oferta completarase cos Bonos Concilia, ata chegar ás 25.000 prazas totais que supoñen unha cobertura do 44%, 11 puntos por riba da media recomendada pola Unión Europea.
Medio milleiro de investigadoras e investigadores e máis de 150 actividades cientÃficas nas sete cidades galegas: Vigo, Ourense, Pontevedra, Santiago, A Coruña, Ferrol e Lugo. Asà se celebrará en Galicia a sexta edición da Noite Galega das Persoas Investigadoras, G-Night 2026, unha actividade na que a comunidade cientÃfica galega une talento e esforzos co obxectivo de achegar a ciencia á cidadanÃa e espertar vocacións cientÃficas, ao tempo que se ofrecen propostas de lecer cientÃfico, cultural e educativo para toda a familia.
A Xunta de Galicia reclama ao Goberno central medidas estruturais de apoio ao sector agrogandeiro. Do mesmo xeito, esÃxese que se teña en conta a realidade de cada territorio á hora de levar a cabo estas actuacións, que deben executarse de xeito urxente. Asà o trasladou a conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, na Conferencia Sectorial celebrada en Madrid, na que se dirixiu ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, para facer estas reclamacións. AlÃ, reafirmou tamén o compromiso do Executivo galego con este sector.