Notas de prensa

Charla pública: 'A cen anos da eclipse na que Einstein ensombreceu a Newton'

Con motivo do centenario da eclipse total de Sol no que se comprobou por primeira vez unha das predicións da Teoría da Relatividade Xeral de Albert Einstein, o investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) e profesor da USC José Edelstein ofrecerá unha conferencia pública o vindeiro mércores, 29 de maio, ás 19:30 h no Centro Obra Social ABANCA (praza de Cervantes) de Santiago de Compostela.

O 29 de maio de 1919 estaba previsto unha eclipse total de Sol que sería visible desde Brasil e Ãfrica, segundo predicían as ecuacións de Isaac Newton. A súa lei da Gravitación Universal dominaba a física do momento, pero entraba en conflito coa Teoría da Relatividade Xeral de Albert Einstein, que propoñía que a luz desviaba a súa traxectoria ata o dobre ante a presenza dun obxecto moi masivo debido á curvatura do espazo. Ante a falta dunha evidencia experimental, o astrónomo británico Arthur Stanley Eddington liderou un experimento: utilizar a eclipse de 1919 para fotografar as estrelas que se atopaban ao redor do disco solar antes e durante o evento e así comprobar se se producía a deflexión ou desviación da súa luz ao pasar preto do Sol.

Grazas ao escurecimento do ceo durante a totalidade da eclipse, os dous equipos ingleses que formaron a expedición científica puideron comprobar meses despois ao revelar as placas fotográficas que a posición dalgunhas desas estrelas alterouse. A súa luz, no canto de viaxar en liña recta, desviouse lixeiramente ao pasar preto do campo gravitacional do Sol. Nesta conferencia, o investigador do IGFAE e profesor da USC José Edelstein relatará a historia de como Newton quedou eclipsado definitivamente por Einstein, quen se converteu na celebridade mundial que perdura xusto un século despois.

Instituto Galego de Física de Altas Enerxías, 2019-05-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (emprego-11.jpg) A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, valorou os últimos datos de paro rexistrado e afiliacións á Seguridade Social, destacando que Galicia alcanza por segundo mes consecutivo o máximo histórico de afiliacións, con 1.135.950 cotizantes. Ao mesmo tempo, a Comunidade rexistra o menor número de persoas desempregadas nun mes de xullo de toda a serie, con 107.322 persoas paradas. No referido ás afiliacións, estas medran tanto na comparativa anual como na mensual. Galicia conta con preto de 22.500 afiliacións máis que hai un ano (+2,02 %) e con case 13.000 cotizantes máis que en xuño (+1,15 %), sendo a 3ª comunidade autónoma na que máis aumentan as afiliacións.
Foto de la tercera plana (tecnoloxia-cuantica.jpg) A Estratexia Galicia Dixital 2030 (EGD2030) continuou avanzando durante 2025 coa posta en marcha de novas actuacións para acelerar a transformación dixital da Comunidade. O balance anual, elaborado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), recolle avances en todos os eixes estratéxicos da Estratexia e unha actualización das súas metas para o final da década. O investimento mobilizado ao longo do pasado exercicio foi de 390,3 millóns de euros, entre capital público e privado.

Notas

Dez universidades de España acaban de constituír ConfIA, a Rede Interuniversitaria de Centros de Excelencia en Intelixencia artificial Confiable e Responsable, unha iniciativa que reúne algúns dos principais centros de investigación en intelixencia artificial do Estado co obxectivo de fortalecer a colaboración científica, coordinar iniciativas estratéxicas e contribuír ao desenvolvemento dunha intelixencia artificial responsable, confiable e aliñada cos valores europeos.
A electrónica orgánica promete revolucionar sectores como os da electrónica de consumo, a saúde ou a xeración de enerxía grazas á súa flexibilidade, lixeireza e baixo custo de fabricación. Comprender como inflúe o proceso de produción no comportamento destes materiais é o obxectivo da pescuda que desenvolveu Jesika Asatryan.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES