
A rede está integrada polo o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela (CiTIUS); o Centre de Recerca Intelligent Data Science and Artificial Intelligence (IDEAI-UPC) da Universitat Politècnica de Catalunya; o CITIC da Universidade da Coruña; o Centro de Investigación DaSCI (Data Science and Computational Intelligence) da Universidad de Granada; o Centro de I+D+i en Intelixencia Artificial da Universidad Politécnica de Madrid; o Valencian Research Institute for Artificial Intelligence (VRAIN) da Universitat Politècnica de València; o HiTZ Center Basque Center for Language Technology da Universidad del País Vasco; o Centro de Inteligencia Digital (CiDi) da Universidad de Alicante; o Instituto Andaluz Interuniversitario en Ciencia de Datos e Inteligencia Artificial (DaSCI-UJA) da Universidad de Jaén e o Instituto Universitario de Investigación en Ingeniería Informática da Universidad de Sevilla.
Entre os principais obxectivos de ConfIA atópanse o de promover a investigación, o desenvolvemento e o uso responsable da intelixencia artificial, co obxectivo de crear sistemas fortes, seguros, transparentes, explicables, sostibles e respectuosos coa privacidade; facilitar a colaboración entre os centros e equipos, impulsando iniciativas conxuntas, impulsar a captación de financiamento competitivo; promover a mobilidade e a atracción de talento investigador, así como compartir infraestruturas e recursos, reforzando a transferencia de coñecemento e a colaboración coas empresas, as administracións públicas e a sociedade en xeral.
A colaboración entre as universidades desenvolverase mediante proxectos de investigación conxuntos, participación en convocatorias estatais e internacionais, programas de formación e doutoramento ou mobilidade de persoal, así como a través da organización de congresos e actividades científicas, ou da elaboración de informes en común.
Organización en dous comités
A rede contará cun comité de Coordinación, formado polas reitoras ou reitores das universidades, e un Comité de Dirección Científico Técnico, integrado por representantes dos distintos centros participantes, que será o encargado de coordinar as actividades de investigación e as iniciativas estratéxicas de ConfIA.
A creación de ConfIA representa un paso adiante na coordinación da investigación española en intelixencia artificial. A través desta alianza, as universidades participantes aspiran a reforzar as súas capacidades científicas, aumentar o impacto da súa investigación e favorecer unha maior proxección estatal e internacional da intelixencia artificial desenvolvida en España, contribuíndo ao mesmo tempo ao avance dunha IA confiable e responsable ao servizo da sociedade.
O XXXVI Festival de Jazz de Lugo ofrecerá do 4 ao 14 de novembro un total de 22 actuacións que combinarán grandes figuras internacionais cunha ampla presenza de músicos galegos en catro escenarios. Conforme ao programa, o Auditorio Fuxan os Ventos acollerá a apertura o mércores 4 co trío do saxofonista e clarinetista cubano Paquito DRivera. Neste mesmo escenario actuarán Abe Rábade, o día 8, e Kenny Barron Trio, o 11. No Círculo das Artes sucederanse James Carter Organ Trio, o 5 de novembro; Jogo de Damas, o día 6; Takuya Kuroda Quintet, o 7; Patricia Brennan Septet, o día 12; Erik Truffaz & Antonio Lizana, o día 13, e Clarence Bekker Band, o 14 de novembro.
O informe da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade sobre a actividade das infeccións respiratorias agudas referido á semana que rematou o 25 de outubro reflicte que a actividade gripal na comunidade mantén o seu nivel basal con tendencia crecente, constatando un incremento na dispensación de antigripais nas farmacias galegas. En concreto, a taxa de dispensación de antigripais nas farmacias aumentou un 38,9 % na última semana, mentres que a de probas de antíxenos se reduciu nun 17,9 %, tal e como informan as oficinas de farmacia integradas na rede sentinela impulsada pola Xunta, co obxectivo de anticipar a evolución dos virus respiratorios na comunidade.